Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, que se realizarán entre o 1 de agosto de 2000 e o 31 de xullo de 2001.

Por orde da Consellería de Educación do 1 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no epígrafe décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicar axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares que se van desenvolver entre o 1 de agosto de 2000 e o 31 de xullo de 2001, ós centros que figuran relacionados no anexo I. No anexo II figuran os centrs que renunciaron. Non existen candidatos suplentes.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente á Axencia Nacional Sócrates (Paseo do Prado, 28, 8ª planta. 28014 Madrid).

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica- lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cun

ha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, a lista de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo o producto final elaborado polos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual. Enviarase igualmente copia do informe financeiro final e da folla de estatística enviada á Axencia Nacional Sócrates.

A documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E, no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Un informe financeiro final que inclúa o total dos gastos reais que poidan optar á axuda e nos que se incorrera para a participación, así como os ingresos totais, en particular os cofinanciamentos obtidos. Este informe presentarase seguindo o modelo de liquidación de subvención enviado pola Axencia Nacional.

3.2.2. Os billetes orixinais de transporte (avión, tren) de tódolos participantes no intercambio e as facturas de aloxamento.

3.2.3. A folla estatística enviada pola Axencia Nacional con tódolos datos cubertos.

3.2.4. Un resumo de dúas páxinas escrito a máquina e a dobre espacio do informe final (memoria pedagóxica) sobre as actividades desenvolvidas durante o proxecto que conteña a lista cos nomes dos participantes no intercambio, e mención ó producto final dos alumnos.

A citada xustificación económica deberá remitirse á dita Axencia Nacional Sócrates, e dentro do prazo marcado no epígrafe 3.1., exceptuando a ficha de liquidación financiera, que se remitirá nos dez días seguintes á súa recepción.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida de acordo co disposto nestas bases levará consigo o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer de acordo cos artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

María Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO I

Proxectos seleccionados

CentroLocalidade-provinciaTítulo do proxectoPaís de destinoAxuda euros

IES As TelleirasNarón-A CoruñaDa Idade Media ó ano 2000Bélxica4.740

IES Marqués de SuanzesFerrol-A CoruñaDeterminación do radio da terra: experiencia de ErastótenesPortugal3.300

Colexio Padre Feijóo ZorelleOurense-OurenseA actividade dramatizadora como elemento motivador da aprendizaxe dun idiomaItalia9.060

IES de BarroBarro-PontevedraO Camiño de Santiago e a arquitectura medieval en Galicia e AuvergneFrancia7.740

ANEXO II

Renuncias

Centro escolarLocalidade-provinciaPaís de destino

IES de RodeiraCangas-PontevedraInglaterra

IES Rosais 2PontevedraInglaterra