Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de novembro de 2000 pola que se aproban os temarios que rexerán no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

De conformidade co dito precepto, esta consellería resolve aproba-los temarios que rexerán no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados creada polo artigo 16 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade galega para o ano 1992, e que se publican como anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

PROGRAMA DA OPOSICIÓN DE LETRADOS DA XUNTA DE GALICIA

Dereito civil

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. Dereito civil en España. O proceso codificador en España. O Código Civil español: estructura e contido. Principais modificacións do Código Civil. Lexislación complementaria.

Tema 2. Os dereitos forais. Antecedentes da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional: leis de dereito civil e compilacións vixentes. Estatuto de autonomía de Galicia e dereito civil. A Lei do dereito civil de Galicia: estructura e contido.

Tema 3. As fontes do dereito. A súa enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. A constitución como fonte do dereito.

Tema 4. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estructura e clasificación. Ordenamento xurídico: valores superiores. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Eficacia das normas xurídicas. Fraude de lei. Error de feito.

Tema 5. Aplicación das leis no tempo. Problema da retroactividade e a irretroactividade. Principais teorías. Aplicación das leis no espacio. Dereito internacional privado. Dereito interrexional. Regras do Código Civil.

Tema 6. A relación xurídica. A institución xurídica. Concepto de dereito subxectivo. Categorías de dereitos subxectivos. Adquisición dos dereitos subxectivos.

Expectativas de dereitos subxectivos. Situacións xurídicas interinas. Boa fe e abuso de dereito.

Tema 7. O suxeito da relación xurídica. A personalidade: adquisición e extensión. Capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación.

Tema 8. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. Dobre nacionalidade. Cidadanía, veciñanza e condición civil. A condición xurídica do estranxeiro. A condición xurídica do galego.

Tema 9. A ausencia. Ausencia non constituída ou de feito. Declaración de ausencia. Declaración de falecemento. O rexistro civil: obxecto e organización. Actos inscribibles. Principios reguladores.

Tema 10. A persoa xurídica: concepto e clases. Réxime xurídico. Asociacións e fundacións. Fundacións de interese galego: réxime fundacional e dereito galego. Constitución. Patrimonio fundacional. Inscrición rexistral. Organización, goberno e protectorado. Extensión e destino do seu patrimonio.

Tema 11. O obxecto da relación xurídica. As cousas. O seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.

Tema 12. O feito xurídico. O acto xurídico. As transgresións xurídicas. Teoría do dolo, a culpa e o caso fortuíto.

Tema 13. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. O silencio como declaración de vontade. Relación entre vontade manifestada e interna. Exame da simulación.

Tema 14. A causa do negocio xurídico. O seu concepto e teorías fundamentais. A causa no dereito español. Consecuencias xurídicas da falta de causa. A teoría do enriquecemento inxusto.

Tema 15. Elementos accidentais do negocio xurídico. A condición, o termo e o modo. Concepto, requisitos e efectos. A representación nos negocios xurídicos. Teoría xeral. Representación legal e voluntaria.

Tema 16. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva.

Tema 17. Os dereitos reais: concepto e diferencias cos dereito de obriga. Clasificación dos dereitos reais. O dereito de propiedade. Evolución histórica.

Tema 18. O dereito real de dominio: extensión e contido. Facultades integrantes do dominio pleno. As limitacións do dominio. A protección do dominio: exame especial da reivindicatoria.

Tema 19. Modos de adquiri-lo dominio: a teoría do título e o modo. Clasificacións dos modos de adquiri-lo dominio. A ocupación. A tradición: exame das súas clases.

Tema 20. A accesión. Natureza xurídica e clases. A usucapión. Clasificación, requisitos e efectos. A renuncia.

Tema 21. Os modos de perde-lo dominio. Teoría xeral. O abandono. A perda do dominio en virtude das adquisicións «a non domino». Comunidade e condominio. A copropiedade no Código Civil.

Tema 22. A propiedade horizontal. A denominada multipropiedade. A propiedade intelectual: referencia ó contrato de edición.

Tema 23. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Efectos da posesión, durante o seu exercicio e ó cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión. A tutela da posesión.

Tema 24. O dereito real de servidume. Concepto, fundamentos e clases. Adquisición das servidumes. Contido, dereitos e obrigas dos propietarios dos predios dominante e servente. Modos de extinción da servidume. As servidumes legais.

Tema 25. O usufructo: concepto. Modos de constitución e extinción. Contido: dereitos e obrigas. Usufructos especiais. O uso e a habitación.

Tema 26. Dereitos reais de garantía: formas de garantía real. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie. Os censos.

Tema 27. A obriga. O seu concepto. Clasificación, exame das obrigas de dar, facer e non facer. Obrigas puras, condicionais.

Tema 28. Causas de extinción das obrigas. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.

Tema 29. Incumprimento das obrigas. Aspectos de mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Medios indirectos. As accións subrogatorias e revogatorias.

Tema 30. Concorrencia e prelación dos créditos. Concurso de acredores: os seus efectos. Clasificación de créditos. Orde de prelación.

Tema 31. A proba das obrigas. Medios de proba. Documentos públicos e privados. Confesión. Recoñecemento xudicial. Testemuñas. Proba pericial. Presuncións.

Tema 32. O contrato: fundamento e función. Elementos do contrato. Sistemas de contratación. Capacidade. Incapacidade e prohibicións. Os contratos de adhesión. A forma dos contratos.

Tema 33. A vida do contrato: preparación e problemática da forza vinculante da oferta, perfección do contrato, clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Interpretación: regras do Código Civil.

Tema 34. A ineficacia dos contratos. Exame da nulidade, as súas causas e efectos. A anulabilidade. A confirmación dos contratos. Rescisión dos contratos. As súas causas e efectos.

Tema 35. Contrato de compravenda. Clases. Elementos personais, reais e formais. Prohibicións. A transmisión do dominio na compravenda. Venda de cousa allea.

Tema 36. Contido do contrato de compravenda. Obrigas do vendedor: evicción e saneamento na compravenda. Teoría dos riscos. Obrigas do comprador. O pagamento do prezo.

Tema 37. Retracto convencional e retracto legal. Contrato de permuta: a súa regulación no Código Civil. A cesión: modalidade e efectos.

Tema 38. A doazón: concepto e natureza xurídica. Elementos personais, reais e formais. Clases de doazóns. Efectos naturais e efectos derivados dos pactos especiais. Revogación e reducción de doazóns.

Tema 39. Contrato de arrendamento. Clases e normas fundamentais do Código Civil en materia de arrendamentos. O arrendamento de obra ou empresa. O arrendamento de servicios.

Tema 40. Réxime de arrendamentos urbanos no Código Civil e na lexislación especial. Duración. Contido: a renda. Extinción. Arrendamentos para uso distinto da vivenda.

Tema 41. Arrendamentos rústicos. Lexislación especial. Ámbito de aplicación. Constitución. Contido. Duración e extinción. Aparcería: o seu concepto e natureza. Referencia á Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 42. O contrato de mandato. Natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de préstamo: as súas especies. O comodato. O precario. O mutuo.

Tema 43. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito ordinario. Depósito irregular e necesario. O secuestro. A transacción. O convenio arbitral e os seus efectos.

Tema 44. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución. Contido do contrato. Extinción da sociedade.

Tema 45. O contrato de fianza: a súa regulación no Código Civil. Os contratos aleatorios: a renda vitalicia. Xogo e apostas. O vitalicio. Normativa autonómica.

Tema 46. Os case-contratos. O seu concepto e especies. Exame especial do cobramento indebido e da xestión de negocios alleos sen mandato. As obrigas que nacen da culpa e neglixencia.

Tema 47. O matrimonio: os seus requisitos. Forma de celebración e inscrición. Efectos persoais: dereitos e deberes dos cónxuxes. Nulidade, separación, divorcio: as súas causas e efectos. Medidas provisionais.

Tema 48. O réxime económico matrimonial: clases. Capitulacións matrimoniais. Doazóns por razóns de matrimonio. Réxime de separación. Réxime de participación.

Tema 49. A sociedade de gananciais: natureza e nacemento. Bens privativos e gananciais de cada un dos cónxuxes. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.

Tema 50. Administración e disposición dos bens da sociedade de gananciais. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. Especial referencia a Lei de dereito civil de Galicia: sociedade familiar galega.

Tema 51. A filiación. Concepto e clases. Determinación e proba. Accións de filiación: disposicións xerais. A patria potestade. Deberes e facultades. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. Extinción e prórroga.

Tema 52. A tutela. Delegación e constitución. Incapacidade e excusas. Remoción. Exercicio de tutela: obrigas, atribucións e dereitos. Responsabilidade. Extinción. A curatela. O defensor xudicial. A garda de feito.

Tema 53. A adopción. Elementos persoais e formais. A extinción. A obriga de alimentos entre parentes. O acollemento de menores: normativa galega.

Tema 54. A sucesión mortis causa. Concepto da herdanza e do herdeiro. Aceptación e repudiación da herdanza. O beneficio de inventario e o dereito a deliberar. Dereito hereditario: situacións da herdanza: a herdanza xacente.

Tema 55. A sucesión testada: concepto, natureza e contido do testamento. Clases do testamento. Capacidade para testar. Formalidades xerais dos testamentos. Invalidez e ineficacia do testamento.

Tema 56. Testamento aberto: requisitos e formalidades. Testamento cerrado: os seus requisitos. Conservación e protocolización. Testamento ológrafo. Requisitos, forma e protocolización. Normativa autonómica.

Tema 57. A institución de herdeiro. Formas e modalidades da institución. A substitución hereditaria. Fundamento e clases. A substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.

Tema 58. O problema da liberdade de testar. Principais teorías. A lexítima. Regras xerais. Lexítima de ascendentes e descendentes. A lexítima de cónxuxe supérstite.

Tema 59. A mellora: concepto e fundamento. Persoas que poden mellorar e ser melloradas. Clases de melloras. Efectos. Gravames que poden imporse sobre a mellora. Promesa de mellorar e non mellorar. Delegación da facultade de mellorar. O desherdamento. A preterición.

Tema 60. O legado. O seu concepto e clases. Regras do legado segundo as súas especies. Aceptación e renuncia. Orde de preferencia para o seu pagamento. Extinción. A testamentaría: o seu réxime xurídico.

Tema 61. A sucesión intestada. Causas de apertura da sucesión. Modos de suceder. Orde e graos. Dereito de representación e de acrecentar. Preferencia na orde de suceder. A sucesión do Estado e da Comunidade Autónoma galega.

Tema 62. A sucesión contractual. A reserva: as súas clases. Persoas obrigadas a reservar. Bens reservables. Valor e efectos do alleamento de bens reservables.

Tema 63. Partición da herdanza. Operacións que comprende a partición. A colación na partición da herdanza. Efectos da partición entre herdeiros e ter

ceiras persoas. Impugnación e rescisión da partición. Referencia ó dereito civil galego.

Dereito mercantil

Tema 1. Dereito mercantil. Concepto e evolución histórica. Actos de comercio: sistema español. As fontes do dereito mercantil. O código de comercio. Os usos do comercio.

Tema 2. A empresa mercantil. Natureza xurídica. Elementos que a forman. O comerciante individual. Capacidade mercantil.

Tema 3. A sociedade mercantil. Clasificación: sociedades civís con forma mercantil. A sociedade colectiva. Sociedade irregular.

Tema 4. A sociedade comanditaria. Sociedade comanditaria por accións. Sociedade de responsabilidade limitada: constitución, modificación e disolución. Órganos da sociedade. O balance e a distribución de beneficios. A sociedade cooperativa. Referencia á Lei de cooperativas de Galicia.

Tema 5. A sociedade anónima. Constitución: o contrato fundacional, a escritura e os estatutos. O capital social. Aumento e reducción do capital. Réxime das achegas. As accións. A emisión de obrigas.

Tema 6. A sociedade anónima (continuación): órganos sociais. Ámbito do poder de representación dos administradores. Impugnación dos acordos da xunta xeral. Peche anual de contas. O balance e a conta de perdas e ganancias. Estructura.

Tema 7. As obrigas profesionais do empresario. O Rexistro Mercantil. Organización e principios. Contabilidade mercantil, normas.

Tema 8. Títulos valores: concepto natureza xurídica e caracteres. Clases. Exame dos títulos nominativos, ó portador e á orde. A desincorporación. A anotación en conta.

Tema 9. A letra de cambio. Función económica, réxime xurídico. Especial referencia ás accións cambiarias. O cheque. A obriga de pagamento.

Tema 10. A obriga mercantil. Teoría xeral. Contratos mercantís. Contrato de conta corrente. Contrato de contas en participación. A compravenda mercantil.

Tema 11. O contrato de comisión. O depósito mercantil. O préstamo mercantil. Operacións bancarias. O desconto. O aval bancario.

Tema 12. O contrato de seguro. Obrigas e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.

Tema 13. Suspensión de pagamentos: natureza. Órganos da suspensión. Procedemento. Formación da masa activa e da masa pasiva.

Tema 14. O dereito de creba. Fundamento. Aspectos substantivos. Clases de creba. Fortuíta, culpable e fraudulenta. Inhabilitación e rehabilitación do crebato.

Tema 15. A masa da creba. Delimitación. Reintegración á masa, retroacción da creba, actos impugnables. Reducción da masa, reivindicacións e dereito de separación. Prelación de créditos.

Tema 16. O dereito marítimo: caracteres e evolución. Unificación do dereito marítimo. O buque. Fretamento e transporte martítimo. O seguro marítimo. Accidentes e avarías marítimas.

Dereito hipotecario

Tema 1. Dereito inmobiliario. Evolución da lexislación en España. Dereito hipotecario e dereito inmobiliario.

Tema 2. O Rexistro da Propiedade, os seus fins. Sistemas de ordenación xurídica da propiedade inmobiliaria. O asento rexistral. Asento de presentación. Clases de libros. Demarcación dos rexistros.

Tema 3. Principios fundamentais do dereito hipotecario. Principio de rogación, principio de legalidade, principio de prioridade, principio de tracto sucesivo, principio de especialidade, principio de fe pública rexistral, principio de lexitimación.

Tema 4. A delimitación da materia inscribible, exame do artigo 2 da Lei hipotecaria e concordantes do regulamento. Concepto do título formal e material. Asento de inscrición, exame artigo 9 de Lei hipotecaria.

Tema 5. A fe pública rexistral. Concepto do terceiro na lexislación hipotecaria. Exame do terceiro na lexislación hipotecaria. Exame do artigo 34 da Lei hipotecaria. Excepción da fe pública rexistral.

Tema 6. Anotacións preventivas. Natureza e clases. O artigo 42 de lei. Efectos das anotacións: a extinción, caducidade e conversión. Notas marxinais, natureza, clases e efectos.

Tema 7. Dereito real de hipoteca. Responsabilidade real e persoal na hipoteca. Causas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria. Artigo 106 e seguintes.

Tema 8. Clases de hipotecas. Hipotecas voluntarias e legais. Hipotecas legais. Natureza e efectos. Hipoteca legal a favor do Estado, comunidades autónomas, provincias e concellos.

Tema 9. Efectos da hipoteca. A acción real e persoal na execución hipotecaria. Procedementos para a efectividade do crédito hipotecario. Procedemiento executivo ordinario. A venda extraxudicial.

Tema 10. Procedemento de execución directa contra os bens hipotecados. Efectos respecto dos terceros posuidores e demais titulares de derechos reais.

Tema 11. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento, constitución, contido e extensión. Rexistro de vendas a prazos, regulación.

Tema 12. Concordancia entre rexistro e realidade extrarrexistral. A inexactitude rexistral. Concepto e clases. Rectificación do rexistro. Exame da lei. Efectos da ratificación. Referencia ós erros dos asentos e a súa rectificación.

Dereito procesual

Primeira parte.

Tema 1. O proceso: concepto, natureza e fundamento. Os principios procesuais contidos na Constitución: o dereito a tutela xudicial efectiva.

Tema 2. A Lei orgánica do poder xudicial: normas fundamentais do poder xudicial e o exercicio da potestade xurisdiccional. Extensión e límites da xurisdicción española. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Os conflictos e cuestións de competencia.

Tema 3. Abstención e recusación de xuíces e maxistrados. Requisitos xerais das actuacións xudiciais. Nulidade dos actos xudiciais. As resolucións xudiciais. Os actos de comunicación ás partes.

Tema 4. O proceso civil. A Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil: o seu título preliminar. A xurisdicción dos tribunais civís: extensión e límites. Cuestións prexudiciais.

Tema 5. A competencia dos órganos xurisdiccionais civís. Competencia obxectiva. Competencia territorial; o foro territorial do Estado e da Comunidade Autónoma. Competencia funcional. A submisión e a conexión: os seus efectos sobre a competencia. A declinatoria.

Tema 6. As partes no proceso civil; posición xurídica das partes. Capacidade para ser parte e capacidade procesual. Lexitimación procesual. Sucesión procesual. Representación e defensa técnica das partes: a defensa das administracións e dos entes públicos. O dereito a asistencia xurídica gratuita: requisitos, extensión e procedemento de obtención.

Tema 7. Ausencia de partes: o xuízo en rebeldía. Pluralidade de partes. O litisconsorcio. As súas especies: réxime xurídico. A intervención procesual; teoría xeral da tercería. Intervención provocada ou forzosa; principais supostos. Intervención adhesiva. Os coadxuvantes.

Tema 8. Teoría da acción procesual; a pretensión como obxecto do proceso. Clases de pretensións. Contido; determinación da cuantía. Pluralidade de pretensións. Acumulación de accións e de procesos.

Tema 9. Feitos e actos procesuais. Actos preparatorios dos xuízos; dilixencias preliminares establecidas na Lei de axuizamento civil. Cuestións incidentais; supostos; procedemento para a súa tramitación. Actos de iniciación do proceso civil: a demanda; os seus efectos. Actos de desenvolvemento do proceso civil.

Tema 10. A proba; o seu obxecto e valoración. Carga da proba. Disposicións xerais en materia de proba. A proba documental. Concepto de documento. Clases: os documentos públicos e privados. Valor probatorio. A presentación de documentos, dictames informes e outros medios ou instrumentos. A práctica da proba documental.

Tema 11. O interrogatorio das partes. O interrogatorio de testemuñas. Especialidades aplicables ás administraciones públicas. O dictamen de peritos. O recoñecemiento xudicial. Outros medios de proba. As presuncións.

Tema 12. A sentencia: requisitos. Os seus efectos xurídicos: cousa xulgada formal y cosa xulgada material. Outras formas de terminación do proceso: renuncia, desistimento, conformamento, transacción, satisfacción extraprocesual e carencia sobrevida de obxecto; especial referencia á disposición da acción procesual polo letrado da Xunta. A suspensión do proceso; a suspensión do curso dos autos para elevar consulta. A caducidade.

Tema 13. Eliminación do proceso. Acto de conciliación na Lei de axuizamento civil. A arbitraxe. Requisitos e procedimiento arbitral. Anulación do laudo. Os efectos económicos do proceso; as costas.

Tema 14. Tipos de procesos de coñecemento. O xuízo ordinario. Ámbito. Alegacións iniciais: demanda, contestación á demanda e reconvención e efectos da pendencia do proceso. A audiencia previa ó xuízo. Xuízo. Sentencia.

Tema 15. Xuízo verbal. Medidas cautelares no proceso civil.

Tema 16. Os procesos especiais (I). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: disposicións xerais. Procesos sobre a capacidade das persoas. Procesos sobre filiación, paternidade e maternidade.

Tema 17. Os procesos especiais (II). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: procesos matrimoniais e de menores: especial referencia á oposición ás resolucións administrativas materia de protección de menores e o procedimento para determina-la necesidade de asentemento na adopción. Proceso monitorio. Xuízo cambiario.

Tema 18. Os procesos especiais (III). Xuízos sucesorios; natureza. Ab intestato. Declaración de herdeiros. A división xudicial de patrimonios. Procedemento para a división da herdanza. Procedemento para a liquidación do réxime económico matrimonial.

Tema 19. A execución forzosa. Disposicións xerais en materia de execución. Títulos executivos. A eficacia en España das sentencias dictadas polos tribunais estranxeiros. A execución diñeireira. Disposicións xerais.

Tema 20. A execución diñeireira (II). Requirimento de pago. O embargo de bens. Tercerías de dominio e de mellor dereito. O procedemento de constrinximento.

Tema 21. Particularidades da execución de bens peñorados. A execución non diñeireira. Execución de sentencias en que se condean a administracións públicas. A execución provisional de resolucións xudiciais.

Tema 22. A execución provisional de resolucións xudiciais. Impugnación do proceso. Clases de recursos. Disposicións xerais. O recurso de reposición. O recurso de apelación.

Tema 23. O recurso de casación: concepto e fin. Requisitos: resolucións contra as que procede; motivos do recurso. Procedemento do recurso de casación. Efectos da sentencia.

Tema 24. O recurso extraordinario por infracción procesual. Requisitos: resolucións contra as que procede; motivos do recurso. Tramitación. Efectos da sentencia. A revisión das sentencias firmes na Lei de axuizamento civil. Recursos que pode utiliza-lo demandado rebelde.

Tema 25. A execución xeral; natureza e clases. A quita e espera. O procedimento de suspensión de pagos.

Tema 26. O concurso de acredores. Aspectos esenciais da súa tramitación. A crebra; declaración de la crebra. Administración da crebra.

Tema 27. Retroacción da crebra; os seus efectos procesuais. Procedemento para o exame, graduación e pago dos créditos. Procedementos para a cualificación da crebra e rehabilitación do crebado. O convenio entre os acredores e o crebado.

Tema 28. Xurisdicción voluntaria: concepto e natureza. Principios xerais. Clasificación dos actos de xurisdicción voluntaria.

Segunda parte.

Tema 29. O proceso penal. Normas para determina-la competencia no proceso penal. Cuestións prexudiciais. Modos de iniciación do proceso penal: denuncia, querela e iniciación de oficio.

Tema 30. As partes no proceso penal. A rebeldía. O sumario: o seu obxecto. Referencia das principais dilixencias sumariais. Recursos contra as resolucións dos tribunais e xuíces de Instrucción.

Tema 31. O auto de procesamento e recursos contra o mesmo. Citación, detención e prisión provisional. Dereitos e tratamento de detidos e presos; asistencia letrada ó detido. Medidas de aseguramento das responsabilidades pecuniarias.

Tema 32. Período intermedio de sobresemento ou elevación a xuízo oral. Artigos de previo pronunciamiento. Cualificacións. Celebración do xuizo oral.

Tema 33. Procedimento abreviado para determinados delictos. Xuízo de faltas.

Tema 34. O tribunal do xurado: composición, competencias e procedemento. Procedemento das causas ante o tribunal do xurado. Recurso de apelación. Referencia os procesos penais especiais.

Tema 35. A casación en materia penal; as súas formas. Preparación. Queixa por denegación do testemuño. Interposición, substanciación e decisión dos recursos. A revisión en materia penal.

Tema 36. O proceso contencioso-administrativo. Natureza extensión e límites do orden xurisdiccional contencioso-administrativo. Concepto de Administración pública para os efectos do recurso. Cuestións ás que se extende o coñecemento e cuestións excluídas deste orde xurisdiccional.

Tema 37. Os órganos da orde xurisdiccional contencioso-administrativo. Regras determinantes da súa respectiva competencia.

Tema 38. As partes: capacidade, lexitimación; representación e defensa das partes. Obxecto do recurso contencioso-administrativo: actividade administrativa impugnable. Pretensións das partes. Acumulación. Contía do recurso.

Tema 39. Procedemento contencioso-administrativo (I). Prazos. Medidas cautelares. Procedemento en primeira ou única instancia: dilixencias preliminares; a declaración de lesividade. Interposición do recurso. Anuncio do recurso e reclamación do expediente.

Tema 40. Procedemento contencioso-administrativo (II). Emprazamento e comparecencia de demandados. Demanda e contestación: requisitos, contido e efectos. Achega de documentos. Trámite para completa-lo expediente administrativo. Alegacións previas. Proba.

Tema 41. Procedemento contencioso administrativo (III). Vista e conclusións: a presentación de cuestións novas. A sentencia: contido. Outros modos de terminación do procedemento. Costas.

Tema 42. Procedemento contencioso-administrativo (IV). Cuestión de ilegalidade. O procedemento abreviado.

Tema 43. Procedemento nos casos de suspensión administrativa previa de acordos. Procedemento contencioso-electoral. Procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa.

Tema 44. Recursos contra providencias e autos. Recurso de apelación. Resolucións contra as que procede. Procedemento. Contido e efectos da sentencia.

Tema 45. Recurso de casación. Recursos de casación para a unificación da doutrina. Recursos de casación en interese da lei.

Tema 46. Recurso de revisión. Execución de sentencias: suspensión e execución delas, extensión dos seus efectos. Incidentes e invalidez de actos procesuais.

Tema 47. A xurisdicción social: extensión e límites. Órganos xurisdiccionais. As partes do proceso: capacidade e lexitimación. Representación e defensa procesual. Pluralidade de partes. Caracteres xerais do proceso de traballo.

Tema 48. A evitación do proceso. Especial referencia á reclamación administrativa previa. O proceso ordinario. Demanda e admisión. Conciliación e xuízo. Contestación e reconvención, a proba. Conclusións. Acta do xuízo. Dilixencias para mellor prever. Sentencia.

Tema 49. Modalidades procesuais. Enumeración. Despedimentos e sancións. Reclamación ó Estado do pagamento dos salarios de tramitación. Extinción do contrato por causas obxectivas e outras causas. Vacacións e clasificación profesional. Materia electoral. O proceso de Seguridade Social. O proceso de conflictos colectivos. Impugnación dos convenios colectivos. O procedemento de oficio.

Tema 50. Medios de impugnación. Recursos contra providencias e autos. Recursos de reposición e súplica. Recurso de queixa. Aclaración de sentencia. Recurso

de suplicación: decisións susceptibles de recurso, obxecto do recurso, procedemento e efectos.

Tema 51. O recurso de casación. Decisións contra as que se pode recorrer. Motivos de casación. Procedemento. Efectos. O recurso de casación para a unificación de doutrina. Disposicións comúns dos recursos de suplicación e de casación.

Tema 52. Execución de sentencias. Execución definitiva. Disposicións xerais. Execucións diñeireiras. Sentencias firmes de despedimento. Condena de entes públicos. Execución provisional. Sentencias condenatorias ó pagamento de cantidades. Sentencias de despedimento. Outras sentencias.

Tema 53. O Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea: competencia. Recurso prexudicial. Procesos contra os estados membros. Procesos contra institucións comunitarias. Regras de procedemento. Recoñecemento e execución de sentencias.

Dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social

Tema 1. As notas configuradoras do traballo obxecto do dereito do traballo: liberdade, remuneración, dependencia e alleidade. Formación e desenvolvemento do dereito do traballo. Contido e concepto do dereito do traballo.

Tema 2. O sistema de fontes do dereito do traballo. Caracterización xeral. Tipoloxía das normas laborais. A potestade normativa das comunidades autónomas. O convenio colectivo: concepto, partes, elaboración, depósito, publicación, eficacia e tipoloxía. A norma internacional laboral.

Tema 3. A aplicación das normas laborais. Principios de ordenación. A relación lei-convenio colectivo. Colisión e concorrencia entre normas estatais e normas convencionais. O principio de condición máis beneficiosa. Os principios de irrenunciabilidade de dereitos e territorialidade das normas laborais.

Tema 4. O contrato de traballo. O traballador e o empresario: concepto xurídico e legal. Os entes públicos como empregadores. A interposición de empresarios. As empresas de traballo temporal. As contratas e subcontratas de obras e servicios.

Tema 5. Clases de contrato de traballo atendendo á súa duración. Os contratos temporais: tipoloxía e réxime xurídico. A contratación temporal polas administracións públicas; en especial, a vulneración dos seus límites e as súas consecuencias. Os dereitos fundamentais do traballador. A clasificación profesional. O cumprimento da prestación de traballo; deberes de obediencia, dilixencia e boa fe.

Tema 6. A xornada de traballo: xornada normal e xornadas especiais. O contrato a tempo parcial e contrato de relevo. As horas extraordinarias. O horario de traballo. Os descansos semanal e festivo. As vacacións anuais.

Tema 7. O salario; a súa protección legal e garantías. O salario mínimo interprofesional. Absorción e compensación de salarios. O Fondo de Garantía Salarial.

Tema 8. Os poderes do empresario: caracterización xeral. O poder de dirección. O poder de variación. O poder disciplinario, a responsabilidade empresarial. A sucesión na titularidade da empresa.

Tema 9. As modificacións do contrato de traballo: tipoloxía. Mobilidade xeográfica. A suspensión do contrato de traballo.

Tema 10. A extinción do contrato de traballo: cadro xeral das causas extintivas. A terminación convencional do contrato. Extinción por morte e incapacidade do traballador. Morte, xubilación e incapacidade do empresario e extinción da personalidade contratante. A extinción por forza maior, por causas obxectivas e por causas económicas e tecnolóxicas. O despedimento.

Tema 11. O persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia. O seu convenio colectivo: ámbito, contido e normas principais.

Tema 12. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Séguridade Social: estructura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servicios comúns.

Tema 13. A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións.

Tema 14. As prestacións non contributivas da Seguridade Social: finalidade e clases. Invalidez non contributiva: requisitos e procedemento para a súa obtención. Xubilación non contributiva.

Tema 15. A asistencia sanitaria. Persoas protexidas. Contido: asistencia médica, hospitalización, prestacións farmacéuticas, outras prestacións sanitarias, prestacións de maternidade. As institucións sanitarias da Seguridade Social: clasificación e funcións.

Tema 16. Os recursos humanos da Administración sanitaria. O Estatuto do persoal médico da Seguridade Social: ámbito de aplicación. Situacións. Dereitos e deberes. Funcións profesionais. Réxime disciplinario.

Tema 17. O Estatuto do persoal sanitario non facultativo da Seguridade Social: ámbito de aplicación. Clasificación do personal. Dereitos e deberes. Consideración das funcións profesionais. Xornada de traballo. Réxime disciplinario. Acción social.

Tema 18. O Estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación. Clasificación do persoal. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Consideración das funcións profesionais. Xornada de traballo. Réxime disciplinario. Acción social.

Tema 19. Sistema de selección do persoal estatutario. Réxime de retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social. A función inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á ordenación de funcións da inspección dos servicios sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dereito constitucional, comunitario e autonómico

Primeira parte.

Tema 1. O concepto de Constitución: natureza e significado. A Constitución de 1978: proceso de ela

boración. Sistemática e estructura. Características xerais. O bloque de constitucionalidade. A reforma da Constitución.

Tema 2. Valores superiores do ordeamento constitucional. Os principios fundamentais da Constitución. A soberanía. A división de poderes. A representación política. A participación política.

Tema 3. O Estado na Constitución; o significado constitucional do concepto. Estado de dereito. Estado social. Estado democrático.

Tema 4. O Goberno do Estado e a Administración. As funcións do Goberno. A función normativa. A función política. A función administrativa.

Tema 5. A Coroa. O Rei; a súa posición constitucional. Funcións do Rei. O Rei e o Goberno. O Rei e as Cortes. O Rei e a política internacional. Refrendo dos actos do Rei; as súas formas.

Tema 6. As Cortes Xerais: composición e relacións entre ámbalas dúas. Os privilexios parlamentarios colectivos; referencia ós regulamentos parlamentarios. O goberno interior das cámaras. O funcionamento das cámaras; en especial, os grupos parlamentarios. Os privilexios parlamentarios individuais: a inviolabilidade e a inmunidade parlamentarias.

Tema 7. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa; tramitación. As funcións económicas e financeiras. A función de control; en especial, a moción de censura e a cuestión de confianza. As Cortes e os Tratados Internacionais.

Tema 8. Eleccións e normas electorais. Administración electoral. Normas xerais do proceso electoral. Reclamacións electorais. Delictos e infraccións electorais.

Tema 9. O poder xudicial na Constitución. Os seus órganos e goberno. A independencia e a actuación xudicial. Medios de participación popular na administración de xustiza.

Tema 10. Teoría dos dereitos fundamentais e as libertades públicas. Garantías e límites na Constitución española. O Defensor do Pobo. A suspensión de dereitos. O principio e o dereito fundamental á igualdade.

Tema 11. Dereito á vida e á integridade física e moral. Dereito á liberdade persoal. Dereito ó honor, á intimidade e á propia imaxe; a protección contra o uso da informática. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia.

Tema 12. As liberdades de pensamento, expresión e información. A liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. O dereito á educación. O dereito de petición. O dereito á libre circulación.

Tema 13. Dereito de reunión. Dereito de asociación. O dereito á participación nos asuntos públicos; os partidos políticos. Dereito de sindicación. Dereito á folga.

Tema 14. Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios rectores da política económica e social.

Tema 15. A defensa xurídica da Constitución: sistemas. O Tribunal Constitucional: natureza e funcións. A súa composición. Competencias do Pleno, Salas e Seccións.

Tema 16. Disposicións comúns sobre procedemento. O recurso de amparo constitucional. Casos en que procede e prazos. Lexitimación. Suspensión do acto impugnado. Procedemento e sentencia.

Tema 17. Procesos de declaración de inconstitucionalidade. Disposicións xerais. Recurso de inconstitucionalidade. Cuestión de inconstitucionalidade. Efectos das sentencias.

Tema 18. Conflictos constitucionais. Confictos positivos e negativos das comunidades autónomas co Estado. Conflictos entre órganos constitucionais do Estado. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Tema 19. A organización territorial do Estado na Constitución española. O Estado autonómico; o artigo 2 da Constitución: a autonomía das nacionalidades e rexións. A autonomía local na Constitución; a súa garantía institucional.

Tema 20. O proceso de integración europea: das comunidades europeas á Unión Europea. Os tratados constitutivos e as súas modificacións. A dimensión rexional de Europa; comunidades autónomas e institucións europeas; o Comité das Rexións; a Asemblea das Rexións de Europa.

Tema 21. Estructura orgánica das institucións comunitarias. O Consello Europeo. O Parlamento. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social.

Tema 22. Concepto e caracteres do Dereito Comunitario Europeo. As súas fontes: dereito orixinario e dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.

Tema 23. Aplicación e eficacia do Dereito Comunitario nos países membros. O dereito comunitario e a Constitución española. As comunidades autónomas e o Dereito comunitario. Participación dos entes territorias non estatais no proceso decisorio.

Tema 24. As liberdades básicas do sistema comunitario. Libre circulación de mercadorías, de persoas, servicios e capitais. Regras sobre a libre competencia. A cidadanía da Unión Europea.

Tema 25. As políticas comunitarias. A política agraria común. A política común pesqueira. A política económica e social. A unión económica e monetaria. O euro: o seu réxime xurídico. Outras políticas.

Segunda parte.

Tema 26. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. A súa reforma: a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

Tema 27. A posición xurídica-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do Estatuto respecto ás demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.

Tema 28. As bases fundamentais da autonomía galega. O territorio; eficacia territorial das disposicións e actos da Comunidade Autónoma. Os símbolos de Galicia. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade.

Tema 29. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. O Parlamento de Galicia: o seu carácter e funcións. Composición e funcionamento do Parlamento. O Pleno e as comisións: as súas clases. A Deputación Permanente; as súas funcións. Réxime de sesións. Adopción de acordos.

Tema 30. Eleccións ó Parlamento de Galicia; competencias da Xunta de Galicia para a súa regulación. A Lei electoral de Galicia: a súa estructura e contido. A circunscrición electoral. A convocatoria electoral. Electores e elixibles.

Tema 31. Os deputados do Parlamento de Galicia. Duración do mandato. Incompatibilidades. Os privilexios parlamentarios colectivos. O Regulamento do Parlamento de Galicia. O goberno interior da Cámara. Os privilexios parlamentarios individuais.

Tema 32. A elaboración das leis da Comunidade Autónoma. A iniciativa lexislativa. A tramitación. Promulgación e publicación das leis. Leis de Galicia: o seu rango e posición constitucional; o principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico. Decretos lexislativos. Regulamentos autonómicos.

Tema 33. A Xunta de Galicia: natureza, composición e funcións. O presidente da Xunta de Galicia: as súas funcións e representación. Elección do presidente.

Tema 34. Relacións da Xunta de Galicia co Parlamento. Información ó Parlamento; presencia do presidente e dos conselleiros ante o Parlamento; interpelacións e preguntas. Cuestión de confianza e moción de censura; os seus efectos. Disolución do Parlamento.

Tema 35. A Administración pública galega no Estatuto de autonomía. Competencias para o establecemento do seu réxime xurídico. A Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia; competencias da Comunidade Autónoma en relación cos rexistros e o notariado. O Valedor do Pobo.

Tema 36. As competencias das comunidades autónomas: natureza; clases: exclusivas, compartidas, concorrrentes. A reserva de competencias ó Estado do artigo 149: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3º.

Tema 37. As competencias da Xunta de Galicia no Estatuto de autonomía. As transferencias de competencias, funcións e servicios do Estado ás comunidades autónomas: as comisións mixtas e os reais decretos de traspasos. A valoración dos servicios transferidos.

Tema 38. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco; en especial as leis de transferencia e delegación; as leis de harmonización. Previsións constitucionais da prevalencia e supletoriedade do dereito estatal.

Tema 39. A concorrencia normativa entre entre o Estado e a Comunidade Autónoma: normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estructura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema do rango das dúas normativas.

Tema 40. A execución autonómica da lexislación do Estado; significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

Tema 41. As relacións entra as administracións públicas: Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de participación, colaboración e coordinación. O control da actividade das comunidades autónomas: o control ordinario e extraordinario. As relacións de comunidades autónomas entre si: os convenios e acordos de colaboración e cooperación; prohibición de pactos de federación. As comunidades autónomas e as entidades locais: relacións de colaboración, de coordinación e de control.

Dereito administrativo

Parte xeral.

Tema 1. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas; rasgos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración.

Tema 2. Fontes do dereito administrativo. A lei: as súas clases; leis orgánicas e ordinarias. Disposicións do Goberno con valor de lei: decretos-leis; decretos lexislativos.

Tema 3. O regulamento: concepto e natureza. Fundamento da potestade regulamentaria. Clasificación dos regulamentos. Órganos con potestade regulamentaria: normativa estatal e autonómica.

Tema 4. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderogabilidade singular. Os actos administrativos xerais e as instruccións e ordes de servicio. A impugnación dos regulamentos na doctrina e no noso dereito positivo.

Tema 5. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas por infracción daqueles principios. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 6. Os suxeitos no dereito administrativo. O Estado, a Comunidade Autónoma e as súas administracións. A personalidade xurídica destas. Outras persoas xurídico-públicas.

Tema 7. As potestades administrativas, O principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudio especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados.

Tema 8. A Administración e os tribunais de xustiza. Conflictos de xurisdicción entre os tribunais e a Administración. Outros conflictos de xurisdicción. Os interdictos e a Administración. Concorrencia de embargos administrativos e xudiciais. Execución de sentencias pola propia Administración.

Tema 9. O administrado. Dereitos públicos subxectivos e intereses lexítimos: conceptos e diferencias. Clasificación dos dereitos públicos subxectivos. Situacións xurídicas pasivas. As prestacións do administrado. Colaboración dos administrados coa Administración pública.

Tema 10. Os actos xurídicos da Administración: actos públicos e privados. O acto administrativo: concepto e elementos. A forma dos actos administrativos: a motivación, a notificación e a publicación. O silencio administrativo: natureza e réxime xurídico.

Tema 11. Clasificación dos actos administrativos. Especial referencia ós actos xurisdiccionais, de trámite, provisionais e que poñen fin á vía administrativa. Os actos políticos: natureza e réxime de impugnación no dereito positivo. A eficacia dos actos administrativos na orde temporal: comezo, suspensión e retroactividade.

Tema 12. A executividade dos actos administrativos: fundamento e natureza. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: os seus medios no dereito vixente. A teoría da «vía de feito». Estudio das súas manifestacións segundo a xurisprudencia.

Tema 13. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais ou de feito: concepto e tratamento xurisprudencial.

Tema 14. A anulación dos actos administrativos pola propia Administración mediante a revisión de oficio: casos nos que é procedente; tramitación. A revisión dos actos na vía xurisdiccional por instancia da Administración: declaración de lesividade; requisitos e procedemento. Concepto da revogación; o seu tratamento no dereito vixente.

Tema 15. Os actos administrativos en particular. A licencia, autorización ou permiso. Denegación, caducidade e revogación daqueles actos. Autorizacións a termo, baixo condición y «sub modo».

Tema 16. O servicio público. A doutrina clásica do servicio público. Evolución da doutrina. As diferentes formas de xestión dos servicios públicos. A chamada actividade industrial da Administración. A asunción pola Administración de actividades privadas; os seus instrumentos.

Tema 17. As concesións. As súas clases e natureza xurídica. A doutrina das concesións administrativas e as súas relacións coa do contrato administrativo. O réxime xurídico das concesións: modificación, novación e transmisión das concesións; extinción das concesións.

Tema 18. Os contratos das administracións públicas: criterios de distinción entre os contratos administrativos e os de dereito privado; os actos separables. Lexislación vixente: ámbito de aplicación. Disposicións comúns ós contratos das administracións públicas. Órganos competentes para a súa celebración. Capacidade e solvencia dos contratistas. Prohibicións.

Tema 19. Prerrogativas do dereito público na contratación administrativa. Clasificación e rexistro dos empresarios e dos contratos. Garantías esixibles nos contratos da Administración. Actuacións preparatorias. Procedemento e formas de adxudicación. Perfección e formalización. Execución e modificación dos contratos. Extinción. A cesión dos contratos e a subcontratación.

Tema 20. Contratación dos organismos públicos e demais entidades públicas. Réxime xurídico do contrato de obra: actuacións preparatorias e formas de adxudicación. Execución e modificación. Extinción. A execución de obras pola propia Administración.

Tema 21. Réxime dos contratos de xestión de servicios públicos. O contrato de subministración. Os contratos de consultoría e asistencia e de servicios.

Tema 22. O procedemento administrativo: a súa natureza e fins. Regulación legal: a cuestión do reparto competencial; ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os principios xerais do procedemento administrativo. Abstención e recusación.

Tema 23. Os interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns; en particular, o acceso ós rexistros e arquivos. Termos e prazos. Os informes no procedemento administrativo.

Tema 24. Iniciación, ordenación e instrucción do procedemento: a proba. Participación dos interesados. Terminación: a resolución; terminación convencional; outros modos de terminación: desestimento, renuncia e caducidade.

Tema 25. Os procedementos especiais. Procedemento para a elaboración de disposicións de carácter xeral. Principios da potestade sancionadora e do procedemento sancionador. Reclamacións previas ó exercicio de accións en vía xudicial: a súa natureza e regulación; supostos exceptuados; a súa emendabilidade como requisito procesual.

Tema 26. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. A «reformatio in peius»: ámbito da súa admisión no noso dereito. Recurso de alzada. Recurso de reposición. Recurso de revisión.

Tema 27. A responsabilidade patrimonial da Administración. Principais teorías. Lexislación española; antecedentes e regulación actual. Procedemento xeral; procedemento abreviado. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 28. A expropiación forzosa. Teorías sobre a súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: o reparto competencial. Suxeitos e obxecto da expropiación. O procedemento expropiatorio xeral.

Tema 29. Peculiaridades do procedemento de urxencia. Os procedementos especiais. As garantías do expropiado; a reversión.

Tema 30. Limitacións administrativas de dereitos e servidumes administrativas: diferencias e réxime xurídico. A ocupación temporal. A requisa. As transferencias coactivas. As denominadas «expropiacións virtuais».

Tema 31. O dominio público. Concepto e natureza xurídica. Clasificación; en especial o «demanio natural». Teoría xeral da utilización do dominio público.

Tema 32. O dominio público e a distribución constitucional de competencias. O dominio público da Xunta de Galicia; os seus elementos: suxeito, obxecto e destino; o seu réxime xurídico: afectación, desafectación, mutacións demaniais. Prerrogativas da Administración en relación co dominio público.

Parte especial.

Tema 33. A organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos; en especial os órganos colexiados. A competencia: natureza, clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración. Delegación e avocación. Delegación de firma. A encomenda de xestión.

Tema 34. O Goberno e a Administración do Estado: o Consello de Ministros, o presidente do Goberno, os ministros e referencia a outras autoridades dos departamentos ministeriais. A Administración periférica do Estado; en especial, o delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

Tema 35. O Consello de Estado. Os consellos consultivos das comunidades autónomas. O Consello Consultivo de Galicia: composición e funcións.

Tema 36. A organización administrativa da Xunta de Galicia. O Consello. O presidente. Os conselleiros. As comisións delegadas.

Tema 37. Órganos superiores e demais altos cargos da Administración autonómica. A Comisión de Secretarios Xerais. Conflictos de atribucións entre os seus órganos da mesma ou de distinta consellería. A Administración periférica da Xunta de Galicia.

Tema 38. A Presidencia e a Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Organización. A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia: estructura orgánica e funcións. A escala de letrados da Xunta de Galicia. Defensa da Administración ante as distintas ordes xurisdiccionais: as súas especialidades. Defensa dos funcionarios. Os servicios consultivos.

Tema 39. As entidades locais. Lexislación vixente en materia de réxime local. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. A organización territorial de Galicia. Especial referencia á comarca e parroquia en Galicia. As asociacións locais: as mancomunidades, os consorcios, os convenios e outras asociacións locais.

Tema 40. O municipio: concepto; elementos: poboación e territorio; estudio da alteración de termos municipais. Organización. Competencias. As deputacións provinciais: concepto. Elementos. Organización. Competencias. Réximes especiais municipais e provinciais.

Tema 41. Réxime xurídico das corporacións locais: impugnación de acordos. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Bens e servicios das corporacións locais. Normas sobre contratación e funcionarios públicos das corporacións locais.

Tema 42. A Administración institucional ou non territorial. Normativa estatal. Normativa autonómica. A Administración corporativa.

Tema 43. Orde e seguridade cidadá: réxime xeral. Competencias da Xunta de Galicia. A policía autonómica. As policías locais; a súa coordinación. Uso e tenza de armas e explosivos. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil e en materia de xogos e apostas.

Tema 44. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servicios traspasados. O Servicio Galego de Saúde (Sergas): organización e competencias.

Tema 45. A Administración e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. Sistema educativo. Os centros docentes. Administración educativa. A autonomía universitaria; o sistema universitario galego.

Tema 46. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. Especial referencia á lingua galega. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O deporte.

Tema 47. A acción administrativa en materia de agricultura e gandería. Competencias da Xunta de Galicia. Estructuras agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 48. Montes: concepto e clasificación. Competencias da Xunta de Galicia. Producción forestal. Montes veciñais en man común. Aproveitameitos forestais.

Tema 49. Pesca, marisqueo e cultivos mariños. Competencias da Xunta de Galicia. A regulación xurídica do sector.

Tema 50. Costas; competencias da Xunta de Galicia; delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos: a súa clasificación; competencias da Xunta de Galicia; organización administrativa.

Tema 51. Augas terrestres. Competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Organismos da cunca. Utilización do dominio hidráulico. Exame especial das concesións de augas. A planificación hidrolóxica.

Tema 52. Minas. Competencias da Xunta de Galicia. Teorías sobre a propiedade mineira: criterio da lexislación vixente. Clasificación dos xacigos mineiros e outros recursos xeolóxicos. Aproveitamento dos recursos das distintas seccións. Permisos de explotación

e de investigación. Concesións de explotación: natureza xurídica e condicións xerais.

Tema 53. A intervención administrativa en materia de industria. O sector público industrial. A actividade administrativa de fomento das actividades económicas; o Instituto Galega de Promoción Económica (Igape).

Tema 54. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito e caixas de aforro; competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico dos investimentos estranxeiros en España. Control de cambios.

Tema 55. A intervención administrativa no sector enerxético. A Administración e o ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Avaliación de impacto ambiental e réxime de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Os espacios naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 56. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xeral do comercio minorista. A intervención administrativa en materia de consumo.

Tema 57. Obras públicas. Competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

Tema 58. Urbanismo. O deseño competencial na materia. O réxime urbanístico do solo; clasificación; os plans de ordenación: clases, formación, aprobación, publicación e efectos.

Tema 59. Sistemas de execución. Disciplina urbanística. As valoracións urbanísticas. Aspectos rexistrais da actuación urbanística.

Tema 60. Acción administrativa en relación coa vivenda. Competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. Vivendas de promoción pública. Lei de ordenación da edificación.

Tema 61. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e a televisión. A Administración e o turismo; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 62. A función pública. Réxime legal y competencias da Xunta de Galicia. Persoal ó servicio da Administración: as súas clases. Adquisición e perda da condición de funcionario.

Tema 63. Dereitos e deberes do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Incompatibilidades dos funcionarios públicos. Dereitos económicos: sistema de retribución.

Tema 64. Situacións administrativas. Provisión dos postos de traballo. Réxime disciplinario.

Facenda Pública

Primeira parte.

Tema 1. A Facenda pública como disciplina e como rama do ordeamento xurídico. A Lei de réxime finan

ceiro e orzamentario de Galicia: estructura e contido. Principios xerais. Contido da Facenda autonómica. Prescrición dos créditos.

Tema 2. O orzamento: concepto, natureza e clases. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: principios básicos da súa estructura. Elaboración, aprobación, modificación, execución e liquidación. Orzamentos dos organismos autónomos e das sociedades públicas galegas: particularidades.

Tema 3. A intervención da Xunta de Galicia, dos seus organismos e das empresas públicas. Formulación e tramitación de reparos. A Tesourería da Xunta de Galicia. Avais da Tesourería. Principios básicos da contabilidade pública.

Tema 4. O gasto público: concepto e procedemento de execución. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. A débeda pública: concepto e clases. Emisión, conversión e amortización de títulos. Prescrición de capital e xuros.

Tema 5. O patrimonio da Xunta de Galicia. Organización. Bens que o integran; clases. Adquisición de bens e dereitos. Alleamento e cesión. Protección e defensa.

Tema 6. Os tributos: concepto, natureza e clases. Estudio especial dos impostos: concepto, fundamento e clasificación. Principios xerais do ordenamento tributario vixente: especial referencia ós contidos na Constitución. As normas tributarias. A súa aplicación e interpretación. A fraude da Lei tributaria.

Tema 7. A relación xurídico-tributaria concepto, natureza e elementos. O feito impoñible: concepto e clases. O suxeito pasivo. Os responsables do tributo. A capacidade de obrar na orde tributaria. O domicilio fiscal. A exención tributaria.

Tema 8. A base impoñible: concepto e réxime de determinación. A comprobación de valores. A base liquidable. O tipo de gravame e a débeda tributaria; medios de pagamento. Outras formas de extinción da débeda tributaria. Garantías do crédito tributario.

Tema 9. As infraccións tributarias: concepto, natureza e clases. Sancións. A condoazón de sancións.

Tema 10. A xestión tributaria: organización. O procedemento de xestión tributaria. Liquidacións e autoliquidacións. A consulta sobre a aplicación dos tributos.

Tema 11. Recadación dos tributos: organización autonómica. Procedemento de recadación en período voluntario. Procedemento de recadación pola vía de constrinximento. Embargo dos bens e alleamento na vía tributaria; tercerías.

Tema 12. Revisión de actos na vía administrativa. Procedementos especiais.O recurso de reposición. O procedemento económico-administrativo: a súa natureza. Órganos; competencias; especial referencia ós órganos da Xunta de Galicia.

Tema 13. Reclamacións económico-administrativas. Interesados: capacidade; lexitimación; representación

e dirección técnica. Actos impugnables. Extensión da competencia do órgano revisor.Requisitos das actuacións. Suspensión dos actos impugnados.

Tema 14. Procedemento en única ou primeira instancia. Recursos. Procedementos especiais.

Segunda parte.

Tema 15. O imposto sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito impoñible. Base impoñible. Incrementos e diminucións patrimoniais. Período impositivo. Débeda tributaria: base líquida, cota e débeda tributaria.

Tema 16. Imposto sobre sociedades. Concepto e natureza. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Feito impoñible. Base impoñible. Período impositivo. A débeda tributaria.

Tema 17. Imposto sobre o patrimonio: concepto e natureza. Feito impoñible. Suxeitos pasivos. Base impoñible. Débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 18. Imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e responsable do imposto. Base impoñible: regras nos diferentes supostos. Base liquidable. Débeda tributaria.

Tema 19. Imposto sobre sucesións e doazóns (continuación). Normas especiais sobre certos bens e dereitos. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 20. Imposto sobre o valor engadido. Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e devengo do imposto. Tipo impositivo. Sistema de deduccións e devolucións. Réximes especiais. Normas básicas sobre a xestión do imposto.

Tema 21. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Natureza. Normas xerais. Normas sobre transmisións patrimoniais.

Tema 22. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (continuación). Normas sobre operacións societarias. Normas sobre actos xurídicos documentados. Xestión do imposto.

Tema 23. O financiamento das comunidades autónomas. A Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas: principios xerais. O Consello de Política Fiscal e Financeira. Recursos das comunidades autónomas. Asignacións do Fondo de Compensación Interterritorial e dos fondos comunitarios.

Tema 24. A potestade tributaria das comunidades autónomas. Os seus límites. Tributos cedidos polo Estado; especial referencia ás competencias normativas e de xestión a asumir polas comunidades autónomas. Participación nos tributos estatais non cedidos.

Tema 25. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

Tema 26. Facendas locais: os seus recursos. Tributos: normas xerais. Imposición e ordenación. Os impostos municipais sobre bens inmobles e actividades económicas. Referencia a outros impostos municipais.

Tema 27. O Tribunal de Contas; funcións. O Consello de Contas de Galicia: composición e organización. Competencias e funcións. Procedementos.

Dereito penal

Tema 1. Concepto do dereito penal. Fontes do dereito penal. O Código Penal: estructura. Aplicación das normas penais no tempo e no espacio. Interpretación das normas penais.

Tema 2. Teoría xeral do delicto. Concepto de delicto no Código Penal español. Os seus elementos. Acción, tipicidade, antixuridicidade, culpabilidade e punibilidade.

Tema 3. Circunstancias que eximen de responsabilidade criminal. Exame das circunstancias atenuantes, agravantes e mixtas no Código Penal.

Tema 4. Vida do delicto. A excepcionalidade na punición da provocación, proposición e conspiración. Tentativa de delicto. O delicto consumado.

Tema 5. O suxeito activo do delicto. Autores e cómplices. A punición do encubrimento. Normas xerais e especiais para certos tipos delictivos.

Tema 6. Formas de aparición do delicto. O delicto continuado. O delicto masa. Concurso de delictos: concurso real e concurso ideal. Concurso de leis.

Tema 7. Teoría xeral da pena. Clases de penas. Regras de aplicación das penas. As medidas de seguridade.

Tema 8. A extinción da responsabilidade criminal. A responsabilidade civil derivada da responsabilidade criminal; especial referencia á responsabilidade civil subsidiaria das administracións públicas. As custas procesuais. Outras consecuencias accesorias da responsabilidade criminal.

Tema 9. Delictos contra a Administración pública (I). Concepto de autoridade e funcionario público para efectos penais. Prevaricación. Abandono do destino e do deber de perseguir certos delictos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos.

Tema 10. Delictos contra a Administración pública (II). Cohecho. Malversación. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas ós funcionarios e abusos no exercicio da súa función.

Tema 11. Delictos cometidos por funcionarios públicos contra as garantías constitucionais. Delictos contra a honra. Delictos referidos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico e o ambiente.

Tema 12. O delicto de incendio. As falsidades. Delictos contra a Administración de xustiza.

Tema 13. Delictos contra a Facenda pública e contra a Seguridade Social; en especial, a fraude de subvencións.

Tema 14. As faltas: as súas clases. As leis penais especiais. As relacións entre a xurisdicción penal e a potestade sancionadora da Administración; en especial, o principio «non bis in idem».