Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto desta asistencia é a redacción do Plan estratéxico da cidade de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 35.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será o seguinte:

FasePrazo mesesImporte

Previa110%

1ª210%

2ª630%

3ª420%

4ª630%

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 h, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª... maior de idade..., veciño de... con enderezo en..., e DNI número..., en nome propio ou en representación de..., manifesta o seguinte:

A) Como concursante e como adxudicatario se o fose, mostra a súa conformidade e acepta integramente o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas deste concurso e cantas obrigas deste se deriven.

B) Comprométese á prestación do servicio técnico ofertado ó prezo que se detalla (poñer en letras e cifras):...

En... o... de... de 2000.

O licitador

(Selo da empresa)

Asdo.: (nome e apelidos)

Reclamacións: simultaneamente ó anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado