Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: alleamento mediante poxa por procedemento aberto da parcela denominada R.1.3 do proxecto de compensación do polígono 1 do SUP-3 de Pontepedriña.

Tipo de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento que se entende como tipo de licitación é de 146.463.688 pesetas (880.264,5 euros).

Neste prezo está incluído o IVE correspondente (o 16% do prezo de adxudicación), pero non están incluídos os gastos de urbanización, sendo, en todo caso, ámbolos dous por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no correspondente prego de condicións.

Forma de adxudicación: poxa pública con procedemento aberto.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (2.929.273 pesetas).

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado