Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán (unidade central), expediente 2000137C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: urbanización da unidade de actuación 14.

Prazo de execución (meses): 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 24.410.925 pesetas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Nigrán, praza Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 20 días seguintes ó da apertura das ofertas.

8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 7 de novembro de 2000.

José M. Rial Cadaval

Alcalde