Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se fixa a data na que se procederá ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do parque empresarial de Celanova.

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do parque empresarial de Celanova foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia e a Orde do 30 de decembro de 1999 polo director xeral de Urbanismo con data 7 de novembro de 2000. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración

de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da Vivenda e Solo, proceda a verifica-lo aboamento, ou, se é o caso, consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados o día 29 de decembro 2000, ás 10 horas, no salón de actos do Concello de Celanova, en presencia do alcalde, o secretario do concello e o representante da Administración. O que terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime de solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forozosa, do 26 de abril de 1957.

Ó devandito acto convócase a:

PredioTitulares Prezo xusto

(ptas.)

1Mouriño Villar, Fernando2.360.547

3Mouriño Villar, Fernando207.459

10Mouriño Villar, Fernando1.480.248

11Mouriño Villar, Fernando588.735

12Mouriño Villar, Fernando177.181

13Mouriño Villar, Fernando828.715

14Mouriño Villar, Fernando224.280

15Mouriño Villar, Fernando307.264

16Mouriño Villar, Fernando708.725

21-AVázquez Gimeno, Manuel1.809.940

29Mouriño Villar, Fernando861.235

34González Caamiña, Delfín706.608

36Vázquez Gimeno, Manuel568.260

53González Caamiña, Delfín254.583

55Casal Blanco, Julio570.793

60Vázquez Gimeno, Manuel2.197.944

67González Caamiña, Delfín385.098

89-ASuárez González Paulino825.350

104López Díaz, Emilio2.674.144

106González Caamiña, Delfín743.156

107Andrés Rodríguez Manuel599.592

111Andrés Rodríguez, Dolores1.047.388

112Andrés Rodríguez, Manuel2.641.191

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, acheguen os títulos xustificativios do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ó mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, sa sexa particular para este caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros, así mesmo os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade, ou no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do concello.

Notifíquese a resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese o presente acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo