Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de novembro de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-82/030, conta 112 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que non resulten pagados, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou se constitúan en parte na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de pre

senta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de novembro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Félix G. Correa Ramos e herdeiros.

Expte. C-82/030 (F.P. 75/00).

Conta: 112.

Rafael Alberti 5, 1º A (A Coruña).

Importe débeda: 737.124 pesetas.

-Antonio Pose Deus e herdeiros.

Expte. C-82/030 (F.P. 76/00).

Conta: 154.

Rafael Alberti 6, 6º B (A Coruña).

Importe débeda: 1.086.070 pesetas.