Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, do servicio de ludoteca e espacio xove de Lavadores de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude. Núm. expte.: 13447/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de ludoteca e espacio para a mocidade de Lavadores de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: 2 anos, a partir do día 1 de xaneiro de 2001; poderá prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de dúas prórrogas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 9.579.000 pesetas (57.570,95 euros).

5. Garantías: provisionais: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40. Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe. Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 24 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde