Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da asistencia técnica para a informatización e dixitalización do arquivo Pacheco de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura. Núm. expte.: 6647/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: informatización e dixitalización do arquivo Pacheco, mediante a transferencia da información gráfica das antigas placas de soporte químico a un sistema de almacenamento, indexado, xestión e busca de fotografías en soporte dixital, susceptible de implementarse a través de redes locais e da Internet e a través de protocolos TCP IP.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 7 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 14.000.000 de pesetas/ano (84.141,69 euros).

5. Garantías: provisionais: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40. Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe. Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 24 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde