1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura. Núm. expte.: 6647/331.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración das dotacións necesarias para a implantación dun sistema informático de almacenamento, indexado e xestión de fotografías en soporte dixital, susceptible de implementarse a través de Internet.
Unidades que hai que entregar: véxase o prego de condicións técnicas.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: 3 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 5.000.000 de pesetas (30.050,60 euros).
5. Garantías: provisionais: dispénsase a súa presentación.
Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40. Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
6. Presentación de ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XI do prego de condicións.
11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 23 de novembro de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde