Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento urbanístico municipal.

O Pleno deste Concello, en sesión do 26 de outubro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das NSP deste concello, para a construcción de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Contra ese acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, sen prexuízo da posibilidade de presentación de calquera outro recurso que se considere procedente.

San Sadurniño, 2 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado