Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (71/1998 e 123/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 23 de noviembre de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente, o proxecto de urbanización do polígono 3 do SU-48 de Ourense, a instancia de Amador Carnero López en representación de Carnero e López, S.L, coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de enxeñería e servicio eléctrico e medio ambiente dos que se dará traslado ó interesado e previa constitución de garantía na cantidade de 45.141.386 pesetas (corenta e cinco millóns cento corenta e unha mil trescentas oitenta e seis mil pesetas) para responder da execución das obras e o seu mantemento ata a súa recepción por parte do concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, á exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 30 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde