Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión de data 29 de novembro de 2000, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Oroso para sinalamento de aliñacións e establecemento de volumes edificables na rúa do Practicante, sométese á información pública por prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma, durante o cal poderá ser examinado o expediente nos servicios técnicos do concello.

Ó mesmo tempo faise pública, como áreas afectadas pola suspensión do outorgamento de licencias de parcelacións de terreos, edificacións e demolicións as abranguidas no ámbito territorial abareado pola modificación, toda vez que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual.

Oroso, 30 de novembro de 2000.

Eugenio Neira García

Alcalde