Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTEDERRAMO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, con data do 28 de novembro de 2000, aprobou o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no procedemento para a contratación da execución da obra de proxecto reformado do mercado gandeiro en Montederramo. Exponse ó público por 4 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, para que poidan presentar reclamacións os que se consideren interesados.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se adiará canto resulte necesario de presentaren reclamacións ós pregos.

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Montederramo (Ourense).

2. Obxecto do contrato: execución da obra de proxecto reformado do mercado gandeiro en Montederramo.

3. Lugar de execución: Montederramo.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Tipo licitación: 10.142.500 pesetas.

7. Garantías: provisoria, 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4%.

8. Obtención de documentación: Concello de Montederramo. Teléfono: 988 29 20 00.

9. Clasificación do contratista: non se require.

10. Presentación de proposicións: nos 13 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 14 horas, de luns a venres, no rexistro xeral do concello ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente.

11. Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados A, B, e C denominados respectivamente Documentación xeral, proposición económica e documentación específica para o concurso que conterán os documentos que se sinalan no prego de condicións particulares.

12. Apertura de proposicións económicas: no Concello de Montederramo, ás 13 horas do 1º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efecftos o sábado considerarase inhábil).

13. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Montederramo, 30 de novembro de 20000.

O alcalde

Rubricado

ANEXO

Modelo de proposición económica.

Don/a..... maior de idade, veciño/a de..... con enderezo en..... e DNI nº..... no seu propio nome (ou na representación de..... conforme acredito con poder verificado), sabedor/a do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a obra de proxecto reformado do mercado gandeiro en Montederramo, comprometéndome a efectua-la na forma determinada no prego de cláusulas administrativas particulares, no prezo de....(en letra e número).

....., ..... de..... de 2000.