Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (131/2000).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso polo procedemento aberto, trámite urxente

para a adxudicación polo concello de Marín das obras de reposición de pavimentos na Barriada Virxe do Porto incluída no FCL'00.

1. Obxecto: a adxudicación das obras de reposición de pavimentos na Barriada Virxe do Porto.

2. Prezo do contrato: 12.741.211 pesetas (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14 agás do sábado que será de 9 a 13 horas durante o prazo de trece días naturais (13), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

(Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do segundo día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

Marín, 1 de decembro de 2000.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde