Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de convocatoria do Concello de Culleredo (provincia da Coruña).

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), en sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de agosto de 2000, aprobou as bases que rexerán na convocatoria para a provisión de dous postos de administrativo e un posto de auxiliar administrativo, polo sistema de concurso-oposición, (promoción interna) e para a provisión de dous postos de pedagogo de servicios sociais, un animador de servicios sociais, un educador e un auxiliar de delineación, correspondentes á quenda de prazas afectadas polo artigo 15 de Lei de medidas para a reforma da función pública.

No BOP nº 105, con data do 17 de outubro de 2000, publicáronse integramente as bases da convocatoria que rexerán na provisión dos ditos postos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 3 de novembro de 2000.

Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá