Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000 pola que se anuncia a contratación por concurso para a execución dos programas de prevención de drogodependencia.

Obxecto: comprende as tarefas integradas dentro da execución dos programas, tales como contratación das películas que se van proxectar, impresión de folletos, adquisición e traducción ó galego das unidades didácticas, reunións cos directores e profesores dos colexios onde se levan a cabo os programas; difusión en prensa dos programas, contratación dos monitores cualificados para impartir charlas, acordar co Teatro Principal días e horas de proxección de películas.

Tipo de licitación: 8.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato iniciará os seus efectos o día seguinte ó da recepción da notificación do acordo de adxudicación, finalizando coa conclusión do curso escolar.

Forma de licitación: o contrato adxudicarase polo sistema de concurso por procedemento aberto.

Criterios e adxudicación: son os que seguen, enumerados por orde decrecente de importancia para os efectos de cualificación das ofertas:

1. Experiencia na execución de programas de prevención de drogodependencia, nas administracións públicas. Ata 15 puntos.

2. Calidade dos servicios que se van prestar, que se acreditará polos seguintes medios, memorias, estudios, referencias, currículos. Ata 10 puntos.

3. Prezo. Ata 5 puntos.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de quince días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: realizarase na Casa do Concello, ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó do remate da presentación das proposicións.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición:

D./Dna... veciño/a..., con enderezo en (rúa/lugar, etc.)..., núm...., e DNI núm...., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de... facendo constar:

a) Ofrezo o prezo de... (en letras e números)... pesetas, o que supón unha baixa de... (en letras e números)... pesetas, con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

..., ... de... de 2000.

O/A licitador/a

Prego: poderá consultarse na Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Tfnos.: 981 54 31 64 e 981 54 30 33.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación publícase anuncio para os efectos de reclamacións do prego de condicións, que se poderán presentar no prazo de oito días, contados desde esta publicación no BOP, ó abeiro do establecido no artigo 122 do TRRL.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde