Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), pola que se anuncia a contratación do servicio de lavandería, polo procedemento aberto mediante concurso público e tramitación urxente, para os centros dependentes desta xerencia.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, convoca o seguinte concursos público:

Expediente nº: 3/2001 S.

1. Obxecto: contratación do servicio de lavandería para os centros dependentes desta xerencia.

2. Orzamento máximo anual: 7.500.000 pesetas 45.075,91 euros.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2001. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Fianzas.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento base de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Acreditación solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no epígrafe 12 da carauta-folla de especificacións que forma parte do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación.

8. Documentación de interese para os licitadores: pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1º andar, 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta xerencia (rúa México, 26-4º, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito

indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da xerencia, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto cinco do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario del.

Vigo, 24 de novembro de 2000.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo