Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia na realización dun estudio do comportamento como consumidores dos mozos e mozas galegos entre 16 e 30 anos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización dun estudio do comportamento como consumidores dos mozos e mozas galegos entre 16 e 30 anos.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 175, do 8 de setembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base licitación.

Importe total: 5.000.000 de pesetas.

4. Adxudicación.

a) Data: 6 de novembro de 2000.

b) Contratista Obradoiro de Socioloxía, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 4.615.060 pesetas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo