Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da consultoría e asistencia consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de entrega: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de pesetas)(96.161,937 euros).

5. Garantías.

Provisional: trescentas vinte mil pesetas (320.000 pesetas) (1.923,239 euros).

Definitiva: 4 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria. Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

d) Teléfono: 981 54 57 25.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/contra/o http://www.xunta.es/contratación/.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 28 de decembro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificios Administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 5 de xaneiro de 2001.

e) Hora: 13.30 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,

do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria