A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, convoca os seguintes concursos públicos:
Referencia dos expedientes.
C.P. 2/2001 S (Área sur).
C.P. 2/2001 N (Área norte).
1. Obxecto: contratación do servicio de reparto de mercadorías desde o almacén ata os diferentes centros de cada área e contratación do servicio de recollida de mostras clínicas en cada centro para o seu traslado ós laboratorios de referencia.
2. Orzamento máximo anual.
C.P. 2/2001 S: 17.500.000 pesetas, 105.177,12 euros.
C.P. 2/2001 N: 17.000.000 de pesetas, 102.172,06 euros.
3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2001. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
4. Fianzas.
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.
5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
6. Acreditación solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Criterios de adxudicación: os establecidos no epígrafe 12 da carauta-folla de especificacións que forma parte do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación.
8. Documentación de interese para os licitadores: pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1º andar, 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta xerencia (rúa México, 26-4º, 36204-Vigo), antes das 14 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto cinco do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta dos adxudicatarios del.
Vigo, 24 de novembro de 2000.
Ángel Martín Santos
Director xerente de Atención Primaria
de Pontevedra-Vigo