Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción de ximnasio e reforma de vestiarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e outra máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Construcción dun ximnasio e reforma de vestiarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: setenta e catro millóns novecentas noventa e cinco mil catrocentas setenta e dúas pesetas (74.995.472 pesetas).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

3. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Sarria (Lugo).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento dezaseis millóns cincocentas seis mil trinta e cinco pesetas (116.506.035 pesetas).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

4. Garantía provisional.

Dispénsase en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multíusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890-Santiago de Compostela. Prescricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non se admiten en canto ás solucións técnicas. Son admisibles variacións ou melloras de calidade.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 - Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte