1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio público da estación de mercadorías de Lugo.
b) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: non.
3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación: véxase prego.
5. Garantías.
Provisional: 2.000.000 de pesetas, (12020,24 euros).
Definitiva: 4.000.000 de pesetas (4040,48 euros).
6. Obtención de documentación e información.
O Regulamento de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso, poderanse recoller en:
a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.
No Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra.
Na Dirección Xeral de Transportes.
b) Enderezo: Praza de Europa 5-A (2º andar).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.
d) Teléfono: 981 54 45 94.
e) Telefax: 981 54 43 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminara ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado, de conformidade co disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándollo a esta dirección xeral mediante telex ou telegrama no mesmo día.
Domicilio: r/ San Caetano, s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.
b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A (2º andar).
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da data de terminación do prazo de presentación das proposicións.
e) Hora: 12 horas
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta.......... para optar ó concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de mercadorías de Lugo».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.
P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes