Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de novembro de 2000 pola que se anuncia convocatoria para a contratación do servicio de limpeza no edificio de servicios múltiples de Lugo e a oficina comarcal de Vilalba-Lugo, mediante concurso aberto, tramitado como expediente anticipado de gasto.

1. Obxecto: contratación, mediante concurso aberto, do servicio de limpeza no edificio de servicios múltiples da Xunta de Galicia en Lugo e na oficina comarcal de Vilalba-Lugo.

2. Orzamento de licitación: 49.000.000 de pesetas, equivalente a 294.495,931 euros.

3. Prazo de execución: un ano.

4. Fianza provisional: 980.000 pesetas, equivalente a 5.889,918 euros.

5. Fianza definitiva: 1.960.000 pesetas, equivalente a 11.900,039 euros.

6. Clasificación da empresa: grupo III, subgrupo 6, categoría C.

7. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo I o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

10. Apertura de proposicións: en acto público nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano, ás 10 horas do terceiro día hábil, contado a partir do día seguinte ó que remata o prazo para a presentación de oferta.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública