Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.332

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (69/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuña de que no xuízo de faltas 69/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Procedemento: xuízo de faltas 69/2000.

En Santiago de Compostela o dez de xullo de dous mil.

No nome de El-Rei.

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vista e oída en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 69/2000, seguida por unha falta furto, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, José Luis Pazos Castro como denunciante e como denunciada Rosa María Batalla Rodríguez, pronunciei a seguinte sentencia.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións a denunciada Rosa María Batalla Rodríguez, declarando de oficio as custas desta instancia.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante Audiencia Provincial da Coru

ña-sección 6ª con sede en Santiago de Compostela- no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación.-Dada, leída e publicada foi a anterior sentencia polo mesmo xuíz que a dictou, celebrando audiencia pública en Santiago de Compostela o dez de xullo de dous mil, do que eu, o secretario, dou fe.

E para que coste e lle sirva de notificación de sentencia a Rosa María Batalla Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o sete de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado