Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.331

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (141/2000).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data dictada polo xuíz de primeira instancia e instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 141/2000, promovido por Dolores Negreira Mourelle, sobre declaración de herdeiros de José Landeira Torreira, herdanza reclamada pola promotora, esposa e herdeira testamentaria do único irmán, agora defunto Manuel Landeira Torreira, ó tempo do falecemento de José Landeira Torreira.

O que para os fins previdos nos artigos 984 da Lei de axuizamento civil, concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no BOE e Diario Oficial de Galicia, para os efectos legais e para chama-los que se crean con igual ou mellor dereito para que comparezan neste xulgado a reclamalo dentro de trinta días.

Dado en Negreira, cinco de outubro de dous mil.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado