Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.332

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (218/1999).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico que nos autos que logo se dirá recaeu sentencia co encabezamento e a parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira o oito de novembro de dous mil.

Vistos por min, Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas 218/1999, por unha presunta falta de circular carecendo de seguro obrigatorio de responsabilidade civil contra Adolfo Borja Barrul, titular do DNI 35.437.567, e intervindo no exercicio da función pública o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.-Que debo absolver e absolvo a Adolfo Borja Barrul dos feitos que se lle viñan imputando, declarando de oficio as custas do xuízo. Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación, consonte o artigo 976 e seguintes da Lei de axuizamento criminal. Firme esta resolución, comuníquese á Xefatura Provincial de Tráfico para os efectos de incoar, se é o caso, o oportuno expediente administrativo sancionador. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación a Adolfo Borja Barrul, expido e asino este edicto.

Ribeira, 10 de novembro de 2000.

O secretario

Rubricado