Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.326

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2000, dos tribunais 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de decembro de 2000 polos tribunais 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.1.1 a) da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 17 de decembro de 2000, ás 10 horas, nas aulas A, B e C da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa Xoán XXIII, s/n, en chamamento único. As portas do lugar de acceso abriranse para a realización do exame ás 9.30 horas.

A distribución dos opositores será a seguinte:

Tribunal nº 1: xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna, así como os de acceso libre con apelidos desde Zas Ferreiro, Sandra a González López, Manuel.

Tribunal nº 2: xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde González Montemuíño, Mª de la Encarnación a Vizoso García, Mª Teresa.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

Jaime Bouzada RomeroDomingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2