Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.321

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de novembro de 2000 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por resolución do 30 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas (BOE do 21 de novembro), convocouse concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

En cumprimento do establecido no punto 3º do artigo 13, da Orde do 10 de agosto de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administra

ción local con habilitación de carácter nacional, esta consellería

DISPÓN:

Publica-las bases do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Primeira.-Postos vacantes.

Teñen a consideración de postos vacantes para efectos deste concurso, e polo tanto ofrécense nel (anexo I):

-Os postos que estando vacantes o 10 de febreiro de 2000, non se incluíron na convocatoria anual de concurso ordinario, efectuada mediante Resolución de 24 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública (BOE do 26 de maio), así como os que aínda convocados, non foron adxudicados polas corporacións por causas imputables a estas.

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 2000, dos que as respectivas corporacións acordaron a súa inclusión neste concurso unitario de acordo co previsto no parágrafo 2º do art. 25 do Real decreto 1732/1994, de 29 de xullo.

Non se ofrecen en cambio:

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 2000, dos que as corporacións non acordaron a súa inclusión neste concurso unitario, xa que sendo esta a data límite para remitirlles ás comunidades autónomas as convocatorias do concurso ordinario de 2000, con ela expira a obrigatoriedade de ofrece-las vacantes no devandito concurso, sendo obrigatorio só ofrecerllas no seguinte concurso ordinario, é dicir, no do 2001.

-Os postos vacantes que sendo convocados no concurso ordinario, non se adxudicaron por causas non imputables ás corporacións.

Segunda.-Participación.

1. Poderán tomar parte no presente concurso os funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes ás subescalas a que se refire o artigo 20 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, podendo solicitar soamente os postos que, segundo a súa clasificación, correspondan á subescalas e categorías a que pertencen.

Poderán participar, así mesmo, os funcionarios non integrados nas devanditas subescalas e categorías, pertencentes ó extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios de Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior;

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada;

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría intervención;

-Os secretarios de concellos que se van extinguir, a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes;

-Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesorería, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención e

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, pero unicamente a postos de tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se atopen en expectativa de nomeamento están obrigados a solicita-la totalidade de postos correspondentes á súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesaran na situación de servicios especiais e non tiveran reserva de praza, e os que promocionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

Os funcionarios ó que se refire o presente epígrafe, que non soliciten tódolos postos correspondentes á súa subescala e categoría, entenderase que renuncian a establecer orde de prelación respecto ós postos que non relacionen, en favor do Tribunal de Valoración, que poderá adxudicarlles, se é o caso, calquera de eles.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorrera o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do Texto refundido das disposicións legais vixentes na materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios na situación de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrera o prazo de dous anos desde a declaración de excedencia.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos do artigo 20,1º f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de 15 días naturais a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte no presente con

curso dirixirán á Subdirección Xeral de Función Pública Local (Rexistro de entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, r/ María de Molina, 50-28071, Madrid), a seguinte documentación:

-Solicitude de participación con expresión individualizada de tódolos postos a que concursan e declaración xurada de non estar incursos en ningunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A especificación de postos solicitados farase por orde de prelación de adxudicacións, con carácter único para a totalidade de postos que se soliciten. A unicidade da orde de prelación manterase incluso no suposto de solicitar postos de varias subescalas e categorías se a pertenza do concursante á estas o permitira.

-Documentación acreditativa do coñecemento da lingua propia e méritos de determinación autonómica nos termos e para os postos sitos nas comunidades autónomas que os estableceran, de acordo co especificado na base quinta.

2. Se se solicitaren exclusivamente postos do País Vasco, a documentación dirixirase á Comunidade Autónoma, (Dirección Xeral de Administración Local, r/ Donostia-San Sebastián, s/n, 01010-Vitoria-Gasteiz).

3. A documentación indicada haberá de presentarse de acordo cos modelos que se achegan no anexo II.

4. Os requisitos esixidos, así como os méritos alegados deberán reunirse na data da presente resolución.

Cuarta.-Méritos xerais.

Os méritos xerais polos que se rexe este concurso son os comprendidos na resolución de esta mesma data desta dirección xeral, pola que se dá publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais.

Quinta.-Coñecemento da lingua propia e méritos de determinación autonómica.

O coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica serán esixidos nos termos en que, para cada Comunidade Autónoma, se detallan a continuación:

A) Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 136/1997, do 5 de xuño de 1997).

1. Méritos polo coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Os méritos correspondentes ó coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia ós que, de conformidade co establecido no artigo 99.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, atribúese o 10% da puntuación total posible nos concursos para a provisión de postos de traballo de

funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, son os seguintes:

Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia, que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Actividade docente: dirixida ó ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, urbanismo e réxime económico financeiro das entidades locais en cursos organizados pola EGAP ou en colaboración con esta.

Publicacións: en materias relativas á especialidades de organización territorial e da normativa de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior, dentro da porcentaxe do 10% da puntuación total posible asignada para o coñecemento das especialidades autonómicas, que é de 3 puntos, é a seguinte:

Experiencia profesional: ata un 30% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Cursos de formación e perfeccionamento: ata un 50% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ó méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas, en función do nivel académico do curso.

Actividade docente: ata un 10% do total de puntos que, na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Publicacións: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servicios prestados valoraranse do seguinte xeito:

-Servicios prestados en postos de traballo do mesmo grupo ou superior de funcionarios que o correspondente á subescala á que se concursa: 0,02 puntos/mes.

-Servicios prestados en postos de traballo asignados ó grupo de funcionarios inmediatamente inferior á subescala á que se concursa: 0,01 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola EGAP ou, en colaboración con esta, polas universidades, centros de ensino superior ou outros órganos competentes en materia de formación e perfeccionamento dos funcionarios, sempre que sexan homologados pola EGAP, para efectos deste artigo.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola EGAP en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola EGAP indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos nos que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

-Cursos con certificado de asistencia: 0,10 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de ata 40 horas: 0,20 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de más de 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Máximo: 1,5 puntos.

Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose xornadas, seminarios, simposios ou similares.

Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos polos tribunais.

O tribunal de valoración do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas neste decreto.

Sexta.-Tribunal de valoración.

1. O tribunal de valoración do presente concurso será o seguinte:

Presidenta titular: Sonia Ramos Piñeiro.

Presidenta suplente: Ana Mª García Fernández.

Vocais titulares:

Victoria Rodríguez Cativiela.

Francisco Javier Ramos García.

José Luis Sánchez Santiago.

Norbert Llaràs i Marquès.

Bernabé Esteban Ortega.

Antonio Jover Pérez.

Fernando Alonso Barahona.

César García-Monge Herrero.

Ana Menéndez Gallego.

Jenaro Conde Rebollar.

Ana de Oleza Ferrandis.

José Mª Endemaño Aróstegui.

Pedro Antonio Mas Cladera.

Loreto Díaz Sánchez.

Jesús González Pueyo.

José Manuel García Gallo.

Bartolomé Pinilla Piñero.

Vocais suplentes:

Isabel Cordero Lagares.

Carlos Chàvarri Sáinz.

Mercedes Lardiés Ruiz.

Edmundo Cañón García.

Antonio Meneses Tocino.

Lluis Calsina i Vallès.

Rosario Sánchez Tapia.

Augusto Martín Agudo.

Mª Teresa Morant Ventura.

Jose Luis Aguirre Arratibel.

María Alonso Díaz.

Francisco Martorell Massot.

J. Ramón Pardo Cabarcos.

Gloria García Ortuño.

Pedro Antonio Martín Pérez.

Javier Endériz Bonnet.

Estrella Blanco Galeas.

Secretario titular: Antonio Calderón López.

Secretaria suplente: Mercedes Martín Sánchez.

Sétima.-Exclusión de concursantes e valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración excluirá ós concursantes que non reúnan as condicións de participación sinaladas na base segunda, ou se é o caso, o requisito de lingua.

A continuación puntuará os méritos dos concursantes non excluídos, do seguinte xeito:

-A puntuación por méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, deducidos da relación incluída na resolución publicada conxuntamente con esta convocatoria, non sendo posible acreditación adicional algunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-A valoración de méritos de determinación autonómica, ata un máximo de 3 puntos, con base na documentación achegada polos concursantes conforme as regras específicas de cada Comunidade Autónoma.

-Respecto dos postos sen méritos de determinación autonómica, o tribunal puntuará exclusivamente os xerais ata un máximo de 19,50 puntos.

2. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivera maior puntuación por méritos de determinación autonómica. De manterse o empate, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nos epígrafes a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo, tendo preferencia os aspirantes que accederan polo sistema de promoción interna sobre os de acceso libre.

Oitava.-Proposta de resolución.

Trala exclusión e puntuación de concursantes, o tribunal formulará relación comprensiva dos non excluídos coas súas puntuacións, así como relación fundada de excluídos. De acordo coas puntuacións e coa orde de prelación para o suposto de concursantes que obteñan a máxima puntuación en dous ou máis postos, o tribunal formulará e elevará a esta dirección xeral proposta de adxudicación de postos.

Novena.-Resolución.

Esta dirección xeral resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo Tribunal de Valoración, remitíndolles ás comunidades autónomas e publicándoo no prazo dun mes no Boletín Oficial do Estado.

Décima-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O dito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución do presente concurso no Boletín Oficial do Estado.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a devandita publicación.

2. O cómputo de prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, foran concedidos ó interesados.

3. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións nas que deban de cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta de tal acordo a esta dirección xeral.

Excepcionalmente, por instancia do interesado e por razóns xustificadas, poderá tamén diferirse a toma de posesión, por igual prazo, por acordo entre os presidentes respectivos dando conta a esta Dirección Xeral.

Décimo primeira.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, desde o momento en que o tribunal formule a proposta de adxudicación de postos.

2. Os destinos obtidos neste concurso terán carácter voluntario, non xerando en consecuencia dereito ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo segunda.-Notificación de ceses e tomas de posesión

1. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes que accedan a un posto de traballo, de acordo coa resolución do concurso, deberán ser comunicadas a esta Dirección Xeral e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

2. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depender o funcionario da correspondente corporación.

Décimo terceira.-Normas para a Comunidade Autónoma do País Vasco.

As institucións forais procederán á resolución do concurso e a súa remisión á Comunidade Autónoma.

O órgano competente da Comunidade Autónoma do País Vasco e a Dirección Xeral de Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples nos supostos en que os interesados obteñan simultaneamente postos en corporacións locais da Comunidade Autónoma do País Vasco e dalgunha outra.

Décimo cuarta.-Recursos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante esta dirección xeral, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, así como nos artigos 10 i) e 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que se puidera interpoñer.

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

PROVINCIA LOCALIDADECÓDIGO

ADXUNTO Á INTERVENCIÓN CLASE 2ª

LUGOMONFORTE DE LEMOS2730002

AGRUPACIÓN INTERVENCIÓN CLASE 2ª

LUGOCASTRO DE REI2710001

OURENSERUA (A)3270001

PROVINCIA LOCALIDADECÓDIGO

PONTEVEDRACOTOBADE3612002

AGRUPACION SECRETARIA CLASE 3ª

LUGOOUROL2737001

INTERVENCIÓN CLASE 1ª

CORUÑA,ABETANZOS1509001

CORUÑA,AFENE1534001

CORUÑA,AORTIGUEIRA1560002

CORUÑA,AAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ1569001

CORUÑA,ARIBEIRA1572001

LUGOCERVO2713002

LUGOMONFORTE DE LEMOS2730001

OURENSEO BARCO DE VALDEORRAS3209001

OURENSEOURENSE3200101

PONTEVEDRACANGAS3608001

PONTEVEDRAGROVE (O)3622001

PONTEVEDRALALÍN3624001

PONTEVEDRAMOS3633001

PONTEVEDRAPONTEAREAS3642001

PONTEVEDRATUI3654002

INTERVENCIÓN CLASE 2ª

CORUÑA,AAMES1502001

CORUÑA,AARZÚA1506001

CORUÑA,ABAÑA (A)1507001

CORUÑA,ABOIRO1511002

CORUÑA,ABRIÓN1513001

CORUÑA,ACABANA DE BERGANTIÑOS1514001

CORUÑA,ACAMARIÑAS1516001

CORUÑA,ACARIÑO1519501

CORUÑA,ACEDEIRA1522002

CORUÑA,ACEE1523001

CORUÑA,ACERCEDA1524001

CORUÑA,ACORISTANCO1529001

CORUÑA,AFISTERRA1536001

CORUÑA,AMALPICA DE BERGANTIÑOS1542002

CORUÑA,AMAZARICOS1544001

CORUÑA,AMIÑO1547001

CORUÑA,AMUGARDOS1550001

CORUÑA,AMUROS1552001

CORUÑA,AMUXÍA1551001

CORUÑA,ANEDA1554001

CORUÑA,ANOIA1556002

CORUÑA,AOUTES1561001

CORUÑA,APADRÓN1564001

CORUÑA,APONTECESO1567001

CORUÑA,APORTO DO SON1570002

CORUÑA,AA POBRA DO CARAMIÑAL1566002

CORUÑA,ARIANXO1571001

CORUÑA,AROIS1573002

CORUÑA,ASADA1574001

CORUÑA,ASANTA COMBA1576002

CORUÑA,ATEO1581002

CORUÑA,ATORDOIA1583001

CORUÑA,AVALDOVIÑO1586001

CORUÑA,AVAL DO DUBRA1587001

CORUÑA,AVIMIANZO1591001

CORUÑA,AZAS1592002

LUGOBEGONTE2707001

LUGOBURELA2708502

LUGOCARBALLEDO2709001

LUGOCHANTADA2716001

LUGOA FONSAGRADA2718002

LUGOGUITIRIZ2722001

LUGOMONDOÑEDO2729002

LUGOPALAS DE REI2739002

LUGOPANTÓN2740002

LUGOSARRIA2756001

LUGOO SAVIÑAO2757001

LUGOSOBER2758002

LUGOTABOADA2759002

LUGOVILALBA2764001

LUGOVIVEIRO2765001

LUGOXOVE2725001

OURENSEO CARBALLIÑO3219002

OURENSECELANOVA3224001

OURENSERIBADAVIA3268002

OURENSEVERÍN3284001

PROVINCIA LOCALIDADECÓDIGO

OURENSEXINZO DE LIMIA3232001

PONTEVEDRABUEU3604001

PONTEVEDRACALDAS DE REIS3605001

PONTEVEDRACAÑIZA (A)3609002

PONTEVEDRACUNTIS3615002

PONTEVEDRAGUARDA (A)3623002

PONTEVEDRAMONDARIZ3630001

PONTEVEDRANEVES (AS)3634001

PONTEVEDRAPOIO3640001

PONTEVEDRAROSAL (O)3647002

PONTEVEDRASALCEDA DE CASELAS3648002

PONTEVEDRASALVATERRA DE MIÑO3649002

PONTEVEDRASILLEDA3651002

PONTEVEDRAVILA DE CRUCES3658002

PONTEVEDRAVILABOA3657002

OFICIAL MAIOR CLASE 2ª

CORUÑA,AFERROL1535001

SECRETARIA CLASE 1ª

CORUÑA,ANARÓN1553001

CORUÑA,AORTIGUEIRA1560001

LUGOCERVO2713001

PONTEVEDRATUI3654001

SECRETARIA CLASE 2ª

CORUÑA,ABOIRO1511001

CORUÑA,ACEDEIRA1522001

CORUÑA,AMALPICA DE BERGANTIÑOS1542001

CORUÑA,AMELIDE1545001

CORUÑA,ANOIA1556001

CORUÑA,APORTO DO SON1570001

CORUÑA,AA POBRA DO CARAMIÑAL1566001

CORUÑA,AROIS1573001

CORUÑA,ASANTA COMBA1576001

CORUÑA,ATEO1581001

CORUÑA,AZAS1592001

LUGOBURELA2708501

LUGOA FONSAGRADA2718001

LUGOMONDOÑEDO2729001

LUGOPALAS DE REI2739001

LUGOPANTÓN2740001

LUGOSOBER2758001

LUGOTABOADA2759001

OURENSEO CARBALLINO3219001

OURENSERIBADAVIA3268001

PONTEVEDRACAÑIZA (A)3609001

PONTEVEDRACOTOBADE3612001

PONTEVEDRACUNTIS3615001

PONTEVEDRAFORCAREI3618001

PONTEVEDRAGUARDA (A)3623001

PONTEVEDRAPONTE CALDELAS3641001

PONTEVEDRAROSAL (O)3647001

PONTEVEDRASALCEDA DE CASELAS3648001

PONTEVEDRASALVATERRA DE MIÑO3649001

PONTEVEDRASILLEDA3651001

PONTEVEDRAVILA DE CRUCES3658001

PONTEVEDRAVILABOA3657001

SECRETARIA CLASE 3ª

CORUÑA,ACORCUBIÓN1528001

LUGOMAN. DA MARIÑA LUCENSE27C1201

LUGONEGUEIRA DE MUÑIZ2734001

LUGOPARADELA2741001

LUGORIBAS DEL SIL2751001

LUGOTRABADA2760001

LUGOVICEDO2763001

OURENSEBOLO (O)3215001

OURENSECHANDREXA DE QUEIXA3229001

OURENSETEIXEIRA (A)3279001

TESOURERIA

CORUÑA,AFENE1534002

CORUÑA,AORTIGUEIRA1560003

LUGOCERVO2713003

LUGOLUGO2700101

PONTEVEDRACANGAS3608002

PONTEVEDRAMOS3633002

PONTEVEDRAO PORRIÑO3638001

PONTEVEDRAPONTEAREAS3642002

PONTEVEDRATUI3654003

VICE-INTERVENCION CLASE 1ª

OURENSEOURENSE3200102