Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 12 de decembro de 2000 Páx. 16.300

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de novembro de 2000 pola que se determinan as festas locais nas que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2001.

De acordo co disposto no artigo 3.2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, as festas locais soamente se considerarán hábiles para os efectos de actividade comercial se os respectivos concellos así llo solicitan á Consellería de Industria e Comercio con anterioridade ó 15 de novembro de cada ano, para a súa incorporación ó calendario que rexerá no ano seguinte.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes dos concellos, e á vista das presentadas,

DISPOÑO:

1. Autoriza-la apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2001 nos festivos locais dos concellos e días que a seguir se relacionan:

-Concello de Barbadás (Ourense) 27 de febreiro e 12 de novembro.

-Concello de Padrenda (Ourense) 22 de xuño e 5 de outubro.

-Concello de Vilardevós (Ourense) 28 de febreiro.

-Concello de Cangas (Pontevedra) 6 de abril e 27 de agosto.

-Concello de Gondomar (Pontevedra)11 de xullo e 16 de agosto.

-Concello de Lalín (Pontevedra) 24 e 25 de setembro.

2. O resto dos festivos locais non determinados no punto anterior consideraranse inhábiles para os efectos de actividade comercial durante o ano 2001.

Santiago de Compostela, vintenove de novembro de dous mil.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio