Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1889/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data do 26 de outubro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente, o proxecto de acondicionamento e axardinamento de soar sito na zona 9 do SU-22, rúa do Bierzo Ourense, por instancia de Estaban García Iglesias en representación de Gravera Alameda del Rosal, S.L. coas condicións sinaladas polos Servicios de Enxeñería e Servicio Eléctrico dos que se dará trasaldo ó interesado e logo da constitución de grantía na candidade de 2.342.309 pesetas (dous millóns trecentas corenta e dúas mil trescentas nove pesetas) para responder da execución das obras e o seu mantemento ata a súa recepción por parte do concello.

De conformidad co dispoto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódolas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde