Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO de subministración.

A Comisión de Goberno deste concello, na súa sesión ordinaria do 24 de novembro de 2000, aprobou o expediente de contratación o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da subministración de materiais para a obra que se relaciona no punto 2, que se expón ó público

polo prazo dos oito primeiros día hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas. A licitación poderase aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato: subministración de materiais para a execución da obra rede de sumidoiros nas casas do grupo escolar, Azoreiros, Castrelo e Fontefría. Tipo máximo de licitación: 5.840.921 pesetas.

3. Tramitación: urxente; procedemento de adxudicación: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Criterios de selección: os sinalados na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Garantías: provisional: 116.818 pesetas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Obtención da documentación e información: secretaría do Concello, praza do Concello, 1, 32652 Rairiz de Veiga. Teléfono: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55.

8. Presentación das ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes ó da publiación deste anuncio no DOG, se ese día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primerio día hábil seguinte.

Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Concello de Rairiz de Veiga, das nove ás catorce horas.

9. Apertura de ofertas: terán lugar no quinto día hábil seguinte ó da finalización do devandito prazo (excepto sábados) no salón de plenos deste concello.

10. Gastos de anuncios e transporte de materiais subministrados: por conta dos adxudicatarios.

Rairiz de Veiga, 27 de novembro de 2000.

O alcalde en funcións

Rubricado