Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 25 de outubro de 2000 aprobou as bases específicas para a provisión dunha praza de auxiliar de recadación, vacante no cadro de persoal laboral fixo do concello, que se publican a seguir deste anuncio.

A convocatoria rexerase, ademais, polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo do Concello de Nigrán, publicadas no BOP do 3 de abril de 1996 e no DOG do 25 de abril de 1996.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Nigrán, 25 de outubro de 2000.

José M. Rial Cadaval

Alcalde

Bases específicas da convocatoria dunha praza de auxiliar de recadación

1. Número e características das prazas convocadas: convócanse probas selectivas para cubrir unha praza de auxiliar de recadación, vacante no cadro de persoal laboral fixo, segundo as previsións destas bases e das xerais aprobadas polo Pleno do Concello o 26 de xaneiro de 1996 (DOG nº 81, do 25 de abril de 1996).

Nivel de titulación esixido: os aspirantes deberán estar en posesión de título de graduado escolar ou equivalente.

A duración do período de proba será de quince días.

2. Sistema selectivo: será o de concurso-oposición libre.

3. Prazo de presentación de solicitudes: as instancias polas que se solicita tomar parte no proceso selectivo persentaranse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

4. Fase de concurso: valoraranse os méritos que figuran no anexo II.

5. Fase de oposición: a oposición constará dun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio que consistirá en contestar por escrito, no prazo máximo de 90 minutos, dous temas extraídos ó chou de entre os que figuran no programa que se inclúe no anexo I, un da parte xeral e outro da parte específica.

6. Sistema de cualificación: o exercicio da oposición valorarase ata un máximo de 10 puntos por cada membro do tribunal, sendo a puntuación do exercicio a media entre as puntuacións de cada membro. Esta puntuación deberá ser, como mínimo, de 5 puntos para supera-lo exercicio.

A puntuación final será a suma da puntuación obtida na fase de concurso coa da fase de oposición.

ANEXO I

Programa

Parte xeral:

1. A Constitución española de 1978: principios xerais.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

3. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

4. As comunidades autónomas. Competencias. Os estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia.

5. O procedemento administrativo. Concepto. Fases.

6. A Administración local. Concepto. Entidades que comprende. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

7. O municipio. Organización municipal. Competencias. O alcalde. O Pleno do Concello. A comisión de goberno.

8. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

9. Os funcionarios públicos locais. Clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

10. Atención ó público. Información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

Parte específica:

11. O financiamento das facendas locais en España. Impostos obrigatorios e potestativos: descrición sucinta de cada figura impositiva.

12. As taxas pola prestación de servicios. Os prezos públicos. As contribucións especiais.

13. O orzamento municipal. As súas modificacións.

14. A xestión de recadación. Os obrigados ó pagamento. Medios. Xustificantes. Aprazamentos. Afianzamentos.

15. Recadación en período voluntario: débedas de vencemento periódico e non periódico. Notificación colectiva.

16. Procedemento de constrinximento. Efectos. Motivos de impugnación. Recarga. Suspensión. Notificacións.

17. Títulos de execución. Ingresos. Prazos. Xuros de demora.

18. O embargo de bens: orde. Sucinta referencia ó embargo de diñeiro, créditos ou valores, salarios, bens inmobles, establecementos mercantís e industriais, etc.

19. Depósito de bens embargados. Venda. Créditos incobrables.

20. Impugnación dos actos de recadación. Os recursos e as tercerías. As contas de recadación.

21. Organización e funcionamento da tesourería das entidades locais. Principio de unidade de caixa.

ANEXO II

Baremo de méritos para a fase de concurso

A) Experiencia profesional: ata un máximo de 5 puntos.

-Servicios prestados no Concello de Nigrán na mesma categoría: 0,15 puntos/mes.

-Servicios prestados noutras administracións na mesma categoría: 0,10 puntos/mes.

-Servicios prestados en empresas privadas na mesma categoría: 0,05 puntos/mes.

B) Por cada curso de formación ou perfeccionamento, realizado con aproveitamento, impartido polas administracións públicas, universidade ou Inem e relacionado coas funcións propias da categoría: 0,20 puntos/curso. Máximo 1 punto.

C) Formación académica distinta á requirida para participar no proceso selectivo.

-Grao de licenciado: 2 puntos.

-Diplomatura universitaria: 1,5 puntos.

-Bacharelato superior ou equivalente: 0,5 puntos.

D) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado).

-En grao de iniciación: 0,50 puntos.

-En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que ás acreditacións do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

E) En caso de situación actual de desemprego, por cada mes de antigüidade acreditado (máximo 1 punto): 0,01 puntos.