Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 5 de outubro de 2000, o proxecto de urbanización de paseo fluvial e acondicionamento de marxes do río Bermaña, promovido polo Concello de Caldas de Reis e redactado polo arquitecto Santiago Domínguez Baltar.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 6 de novembro de 2000.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde