Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de licitación.

Obras incluídas no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais /2000.

A Comisión de Goberno Municipal, no exercicio da delegación que ten conferida, na sesión do día vintesete de novembro do corrente ano, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto, sistema de concurso e tramitación urxente, das obras

que a continuación se especifican, incluídas no Fondo de Cooperación coas Entidades Locais-Piel/2000.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante oito días, contados desde a inserción este anuncio no BOP de Lugo, para os efectos de que poidan ser examinados nas oficinas municipais e, se é o caso, presenta-las reclamacións que se consideren pertinentes.

O mesmo tempo o Concello anuncia a licitación dos devanditos contratos de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos de cláusulas administrativas, ata a súa resolución:

Obxecto do contrato.

1. Expediente nº 1: obras de acondicionamento e afirmado de accesos a núcleos e pistas.

Lugar de execución: parroquias de Triabá, Loentia, Castro de Rei, Duarría, San Xiao de Mos, Ribeiras de Lea e Bendia, concello de Castro de Rei (Lugo).

Prazo de execución: 3 meses.

Orzamento de licitación: 20.648.244 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: uxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría D.

Garantías: provisional para licitar: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

2. Expediente nº 2: obras de urbanización da travesía da estrada de Matodoso, en Castro de Ribeiras de Lea.

Lugar de execución: Castro de Ribeiras de Lea. Concello de Castro de Rei (Lugo).

Prazo de execución: 3 meses.

Orzamento de licitación: 5.270.843 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedement: aberto. Forma: concurso.

Clasificación: non se esixe.

Garantías: provisional para licitar: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Información: os modelos de proposicións e os pregos de cláusulas administrativas particualres para ámbalas dúas obras facilitaranse nas oficinas do Concello de Castro de Rei, na vila de Castro de Rei, praza Maior, CP 27250 Lugo. Teléfono 982 31 40 34 e 982 31 41 32.

A data límite para a obtención de documentación é o día hábil inmediatamente anterior ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral de licitacións do concello (secretaría xeral), de 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG. Se o derradeiro día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ata as 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse por separado para cada unha das obras, e constarán de dous sobre pechados que poderán estar lacrados e precintados:

a) Sobre A, que conterá a proposición económica.

b) Sobre B, que conterá os documentos esixidos na cláusula XI, punto 11.2º do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do día seguinte hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións, sempre que non coincida en sábado, trasladándose ó primeiro día hábil seguinte, se así ocorrese. A mesa de contratación, procederá en acto público á apertura dos sobre A) coa oferta económica, e formulará proposta de adxudicación ó órgano de contratación, de conformidade cos criterios recollidos na cláusula XIV do prego de cláusulas administrativas.

Castro de Rei, 27 de novembro de 2000.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde