Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 3 de novembro de 2000, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou porque se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Gallego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo

que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emi

sor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 3 de novembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/CIFConceptoPeríodoDébeda

Londoño Montoya, Dora Libiacc4397309 pasaporteAsistencia sanitaria25-5-2000/3-7-2000149.019
Osemwengie, Norensenx-02967299tAsistencia sanitaria23-5-200035.840
Veiga de Munno, Gisele263702 pasaporteAsistencia sanitaria30-11-199924.840
Jiménez Jiménez, Juan Antonio6900448138 pasaporteAsistencia sanitaria9-4-200035.840
Alves de Queiroz Sousa, Ana CristinaCk-458020 pasaporteAsistencia sanitaria28-3-2000/1-4-2000270.472
David Daza, Miryan YennyCc66655596 pasaporteAsistencia sanitaria15-4-200035.840
Collazos Trujillo, NeisbyCc60350812 pasaporteAsistencia sanitaria9-4-200035.840
Sánchez Negrete, Silenia EmperatrizCc34995250 pasaporteAsistencia sanitaria8-5-200035.840