Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

1. Adquisición de equipamento de lavado e esterilización con destino ó Hospital Abente e Lago da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-37/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de lavado e esterilización.

c) Lote: 6 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns setecentas catro mil pesetas, IVE incluído (37.704.000 pesetas, IVE incluído) (226.605,60 euros).

Lotes nº 1: 16.054.000 pesetas, 96.486,48 euros.

Lotes nº 2: 9.500.000 pesetas, 57.096,15 euros.

Lotes nº 3: 3.500.000 pesetas, 21.035,42 euros.

Lotes nº 4: 4.900.000 pesetas, 29.449,59 euros.

Lotes nº 5: 950.000 pesetas, 5.709,61 euros.

Lotes nº 6: 2.800.000 pesetas, 16.828,34 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equipamento de esterilización.

a) Data: 21 de xullo de 2000.

b) Contratista: Steris Iberia, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaseis millóns cincuenta e catro mil pesetas, IVE incluído (16.054.000 pesetas, IVE incluído), 96.486,48 euros.

Lote nº 2: esterilizador baixa temperatura.

a) Data: 21 de xullo de 2000.

b) Contratista: Jhonson & Jhonson, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: nove millóns catrocentas sesenta e nove mil cincocentas pesetas, IVE incluído (9.469.500 pesetas, IVE incluído), 56.912,84 euros.

Lote nº 3: esterilizador de endoscopios.

a) Data: 21 de xullo de 2000.

b) Contratista: Gall Steril, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído. (3.500.000 pesetas, IVE incluído), 21.035,42 euros.

Lote nº 4: lavadoras descontaminadoras.

a) Data: 21 de xullo de 2000.

b) Contratista: Lequeux Española, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catro millóns setecentas mil pesetas, IVE incluído (4.700.000 pesetas, IVE incluído), 28.247,57 euros.

Lote nº 5: lavacuñas desifectadoras.

a) Data: 21 de xullo de 2000.

b) Contratista: Arjo Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oitocentas trinta e cinco mil pesetas, IVE incluído (835.000 pesetas, IVE incluído), 5.018,45 euros.

Lote nº 6: lavador desinfectador.

a) Data: 21 de xullo de 2000.

b) Contratista: Medical Europa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns seiscentas sesenta e dúas mil trescentas setenta e catro pesetas, IVE incluído (2.662.374 pesetas, IVE incluído).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos