Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.255

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 4 de decembro de 2000 pola que se modifica parcialmente a disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2000, pola que se regulan as axudas e subvencións para a contratación de técnicos locais de emprego no ámbito da colaboración da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e as entidades locais a través dos programas de cooperación.

Mediante Orde do 20 de xullo de 2000 (DOG nº 149, do 2 de agosto), a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude regulou as axudas e subvencións para a contratación de técnicos locais de emprego no ámbito da colaboración da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e as entidades locais a través dos programas de cooperación, establecendo na súa disposición adicional primeira que «a concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario,

tendo como límite global o crédito asignado na aplicación 14.04.241A.461.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 fixado na exposición de motivos desta disposición».

Resultando que o crédito asignado na citada aplicación orzamentaria é insuficiente para atender tódalas solicitudes de subvención presentadas polas entidades locais e considerando que hai un remanente de crédito na aplicación orzamentaria 14.04.241A.460.0, destinado a axudas e subvencións para o fomento do emprego polas entidades locais a través dos programas de cooperación, procede modificar parcialmente a citada disposición adicional primeira, no sentido de aplica-lo remanente de crédito para o financiamento das axudas e subvencións para a contratación de técnicos locais de emprego.

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2000 (DOG nº 149, do 2 de agosto), pola que se regulan as axudas e subvencións para a contratación de técnicos locais de emprego no ámbito da colaboración da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e as entidades locais a través dos programas de cooperación, sendo a nova redacción a que segue:

«Disposición adicional primeira.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario, tendo como límite global o crédito asignado na aplicación 14.04.241A.461.0 e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000. De igual xeito, poderán financiarse con remanentes de crédito da aplicación 14.04.241A.460.0, unha vez atendidos os compromisos amparados polo dito crédito orzamentario».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Fomento do Emprego para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude