Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO de poxa, por procedemento aberto, das obras de ampliación da casa do concello 1ª fase.

1. Obxecto do contrato.-Esta poxa ten por obxecto a contratación da execución da obra: ampliación de casa do concello 1ª fase.

2. Tipo de licitación.-O tipo de licitación é de 7.000.000 de pesetas.

3. Prazo de execución.-Tres meses.

4. Presentación de proposicións.-As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación, ben sexa no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13 horas (se coincide en sábado o último día do prazo de presentación de proposicións, este ampliarase ata o luns seguinte), en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de cláusulas.

5. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares: os pregos de cláusulas administrativas particulares que van rexer esta contratación, aprobados polo Pleno da Corporación, en sesión con data do 17 de outubro de 2000, estarán expostos ó público durante os oito días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Apertura de plicas: a apertura das plicas terá lugar no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Modelo de proposición.

Modelo de proposición.

Don..... con domicilio na rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa)..... actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... e con domicilio en..... nº..... teléfono.....) toma parte na poxa, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ampliación de casa do concello 1ª fase; e para estes efectos fai constar:

1º. Que ofrece o prezo de..... que significa unha baixa de..... en relación co tipo de licitación.

2º. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3º. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Modelo de sobre.

Modelo de sobre.

Sobre A, «Oferta económica».

Proposición para tomar paarte na contratación das obras de ampliación de casa do concello 1ª fase, presentada por.....

En..... o..... de..... de 2000.

Sobre B, «Documentación».

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de ampliación de casa do concello 1ª fase, presentada por.....

En..... o..... de..... de 2000».

12. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 23 de outubro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado