Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do PERI II-06 Carballa (expediente 4099/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 28 de setembro de 2000, acorodu aprobar inicialmente o proxecto de urbanismo do PERI II-06 Carballa, presentado pola xunta de compensación, redactado polos arquitectos Jesús Cordeiro Rodríguez, Antonio Davila Alonso, César Jiménez López, Luis Meijide Rico e Eva Filgueira Gracía, e visado polo COAG con datas do 15 de xullo e 4 de novembro de 1998 e 25 de xaneiro, 12 de xuño, 28 de xullo, 23 de agosto e 25 de setembro de 2000.

Sométese este expediente ó tramita de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 23 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo