Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da reforma do proxecto de urbanización de futura praza pública na rúa Doutor Loureiro Crespo, números 22 e 24.

A Comisión de Goberno, en sesión de dezaseis de outubro de dous mil, acordou prestar aprobación definitiva á reforma do proxecto de urbanización, aprobado polo Pleno da Corporación o 27-6-1996, da futura praza pública que se situará á altura dos números 22 e 24 da rúa Doutor Loureiro Crespo, promovido mediante iniciativa particular por Roprovisa, S.L. e outros propietarios de inmobles afectados pola futura praza, fundamentándose esta modificación dos planos M.1 e M.2, subscritos polo arquitecto Rafael Vázquez Abal, con visado colexial do 29-3-2000, que anulan e reforman a documentación correlativa do proxecto aprobado.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecio no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 30 de outubro de 2000.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente