Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,

faise público que o Pleno da Corporación de Carballo, en sesión ordinaria do día 28 de novembro de 2000, aprobou definitivamente a modificación puntual da normas subsidiarias do planeamento de Carballo, relativa á clasificación da condicións de uso nas ordenanzas zonais en solo urbano.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno da Corporación, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Alternativamente, poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

No suposto de que se interpoña recurso contencioso-administrativo ata que se resolva, expresa ou presuntamente, o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñelo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición, ou no que este deba enterderse presuntamente rexeitado. No suposto de desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Carballo, 29 de novembro de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde