Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, actuando por delegación do 8-7-1999, acordou en sesión do 9 de outubro de 2000, aprobar inicialmente a reparcelación voluntaria da unidade de execución integral UEI-1 sita na Cruz Verde deste termo municipal, por instancia de Inmobiliaria Premier, o que se expón ó público por espacio de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que considere procedentes.

O expediente de referencia queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-Edificio Liceo.

Betanzos, 3 de novembro de 2000.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo