Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 30 de novembro de 2000, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente 21/2000. PMP, tramitado de oficio, de modificación puntual das aliñacións para ampliación e mellora da C.P. 0512-Uxes.

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por intepoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase intepoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo contra o que se recorreu, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 1 de decembro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde