Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 26 de outubro deste ano, aprobou inicialmente a modificación puntual da ordenanza do solo non urbanizable de protección paisaxística no ámbito do espacio natural, das normas subsidiarias do concello do Grove.

De conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este expediente exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados durante este prazo examinalos nas oficinas da secretaría municipal e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

O Grove, 31 de outubro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde