Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de novembro de 2000, pola que se aproba definitivamente o proxecto de planta de transferencia de residuos sólidos urbanos de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, promovido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de acordo co previsto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 1 de decembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de planta de transferencia de residuos sólidos urbanos en San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, promovida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente.

Visto o antedito acordo da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 30 de marzo de 2000, coa finalidade de cumprilo, e de conformidade co disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regula os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente