Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia e procedemento anticipado de gasto, para a contratación do servicio do teléfono de atención a usuarios do Servicio Galego de Colocación.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 37/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio do teléfono de atención a usuarios do Servicio Galego de Colocación.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente (anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 35.600.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 4% importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información administrativa: 981 54 46 80-54 46 52.

Información técnica: 981 54 52 98.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Intenet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=103.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia e

Promoción do Emprego, Muller e Xuventude