Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 705/2000.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

(Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoo de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: 705/2000.

Acta nº: 892/2000.

Titular: Compostela Color, S.L.

NIF/DNI: B-15.650.187.

Enderezo: avda. Carballo, 35-A, Maceira-Aretixo (A Coruña).

Materia: traballo.

Data da resolución: 31-10-2000.

Sanción: 575.001 pesetas.