Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 297/2000 e dous máis.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer

recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 30 de outubro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: 297/2000.

Acta nº: 444/2000.

Titular: Cosas Artesanas, S.L.

NIF/DNI: B-15.516.347.

Enderezo: Pé do Muíño, 57, Meirás-Sada (A Coruña).

Materia: traballo.

Data da resolución: 24-8-2000.

Sanción: 25.000 pesetas.

Expediente nº: 298/2000.

Acta nº: 446/2000.

Titular: Cosas Artesanas, S.L.

NIF/DNI: B-15.516.347.

Enderezo: Pé do Muíño, 57, Meirás-Sada (A Coruña).

Materia: SH.

Data da resolución: 24-8-2000.

Sanción: 50.000 pesetas.

Expediente nº: 496/2000.

Acta nº: 1530/1999.

Titular: La Pallota Textil, S.L.

NIF/DNI: B-15.668.783.

Enderezo: Alfonso Senra, 4, Ordes (A Coruña).

Materia: SH.

Data da resolución: 18-10-2000.

Sanción: 25.100 pesetas.