Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 9 de novembro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 00/000195-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avda. Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000195-2.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: río Tizón, 2-4º B, Cedeira (A Coruña).

Celeiro, 9 de novembro de 2000.

Cristina López-Escobar Fernández

Instructora